Viswanathan Anand, nado en Chennai en 1969, é un dos grandes xogadores de xadrez de tódolos tempos.

Traxectoria Foi Campión do Mundo da FIDE no 2000 fronte a Aleksei Xírov. Perdeu o seu título no 2002 fronte a Ruslan Ponomariov. Hoxe en día é o segundo na Lista ELO da FIDE 2006 por tras de Veselin Topalov e un dos catro xadrecistas en pasar os 2800 puntos, xunto con Garry Kasparov, Vladímir Krámnik e Topalov.

Xogou ciclos da Asociación Profesional de Xadrez. Véxase tamén

Ligazóns externas Viswanathan Anand en Chessgames.com

Categoría:Xadrecistas da India Categoría:Campións do mundo de xadrez Categoría:Nados en Chennai Categoría:Nados en 1969 Categoría:Xadrecistas do século XX Categoría:Xadrecistas do século XXI Categoría:Grandes Mestres de xadrez