Xosé Luís Sobrado Pérez, nado en Feás, Boborás, en 1960, é un historiador e escritor galego.

Traxectoria É licenciado en Xeografía e Historia pola USC e funcionario.

Participou en escavacións arqueolóxicas entre 1979 e 1996 e investigou a historia local e comarcal da área do Carballiño e o Ribeiro. Foi membro fundador e primeiro presidente (desde 1994 a 2005, e despois de 2012 a 2020) do Centro de Estudios da Comarca do Carballiño “Chamoso Lamas”, e membro do consello de redacción da súa revista Argentarium. Colaborou na fundación do Ballet Galego Eiras Nosas e do Grupo Arqueolóxico Larouco. Foi fundador e presidente da Asociación Cultural Vagalume de Boborás.

Ten múltiples publicacións sobre historia, arqueoloxía, etnografía, o mundo do viño etc. en revistas especializadas e en xornais como La Voz de Galicia. Participou en moitos congresos e cursos da súa especialidade.

Obras

Xuvencos: historia e tradición (1996). Concello de Boborás. Astureses: un paseo pola historia (2001). Comisión Parroquial da Saleta. Albarellos. Historias de viño e auga (2002). [Ourense]: Asociación Cultural e Recreativa de Albarellos. O Couto e parroquia de Partovia. Evolución dunha parroquia de dominio monástico (1100-1930) (2005). [Partovia]: Asociación de Veciños. Pazo Tizón: dos espacios, una historia (2017). O Carballiño.

Obras colectivas

Os muíños de auga do río Arenteiro: evolución histórica dende a Idade Media ata os nosos días (2005). Universidade de Vigo. En coautoría para “Homenaxe á Profesora Lola F. Ferro As fábricas de papel na comarca do Carballiño (2010). En coautoría con Francisco Fumega. Carballiño: Centro de Estudios Chamoso Lamas. O viñedo do mosteiro de Oseira na idade media: un modelo de explotación vitícola (1160-1500) (2010). Actas del IV Congreso internacional sobre el Císter en Portugal y Galicia Madarnás. Camiñando na historia (2013). En coautoría con Francisco Fumega, Jorge Lamas e Juan José Álvarez. Madarnás, Ourense: Asociación de Veciños de Madarnás, Deputación Provincial. O proceso de electrificación do noroeste ourensán. Un modelo paradigmático da difusión da electricidade en Galicia (2015). En coautoría con Francisco Fumega. Deputación provincial. As arquitecturas históricas do viño. Polos ribeiros do Miño e do Avia (2020). Como coordenador e coautor con Juan José Álvarez, Diego Reboredo e Jorge Lamas. Consellería de Cultura e Turismo, Dirección Xeral de Políticas Culturais, Museo Etnolóxico. Ribadavia.

Notas

Categoría:Nados en Boborás Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1960