Manuel Rodríguez Rodríguez, nado en Ribadavia o 16 de novembro de 1898 e finado en Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1975, foi un relixioso e escritor galego.

Traxectoria Comezou a súa formación cos Irmáns Maristas en 1910, congregación na que profesou temporalmente o 22 de marzo de 1915 e perpetuamente o 28 de setembro de 1920. Iniciou a súa carreira como profesor en Ourense en 1915. Ocupou diversas responsabilidades en colexios da súa congregación na Coruña, Tui e Madrid. En 1943 dirixiu en Madrid o Colexio Infanta María Teresa, restaurado por el logo da guerra civil. Mestre nacional, diplomado en Estudos Hispánicos, diplomado en francés pola Escola Superior de Idiomas e Licenciado en Filosofía y Letras. En 1942 dirixiu a revista Orientaciones e foi director da Asociación mundial de Antigos Alumnos maristas. Foi membro fundador da Federación Española de Relixiosos de Enseñanza e cofundador do Consello Superior de Misións en 1940. En 1970 fundou en Santiago de Compostela o Seminario Fontán-Sarmiento de Haxiografía, Toponimia e Onomástica de Galicia, que dirixiu ata a súa morte no Colexio Maior Gelmirez de Santiago de Compostela o 28 de setembro de 1975.El Pueblo Gallego, 29-11-1975, p. 18.

Obras Breviario de la vida y de la muerte, 1930. Cinco estampas marianas para teatro, 1947. Labor misionera de España en el mundo, 1950. Santa Florentina, 1954. Novena a la madre de Dios del Lodairo, 1956. Fray Jacinto de Ribera, 1960. Hidrotoponimia de la ría de Arosa: Accidentes costeros, emergentes y submarinos con sus coordenadas, 1976.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Relixiosos católicos de España Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1898

Categoría:Finados en 1975