Lee Joseph "Bru" Archambault, nado en Oak Park, Illinois, o 25 de agosto de 1960, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-119 e STS-117.
Traxectoria Archambault graduouse en enxeñaría astronáutica e aeronáutica pola Universidade de Illinois-Urbana en 1982 e é máster na mesma materia pola mesma institución en 1984.
Foi seleccionado como candidato a astronauta pola NASA en xuño de 1998, completando o seu adestramento en xuño de 1999 e participando nas misións STS-117 e STS-119. Pasou un total de 26,65 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-119 STS-117
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Illinois