A dos úmbridos (Umbridae) é unha familia de peixes teleósteos dulciacuícolas, unha das dúas integradas na orde dos esociformes.

O seu xénero tipo é Umbra.

Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1845 polo naturalista e político e francés Charles Lucien Bonaparte.Umbridae Bonaparte, 1845 no WoRMS. Consultado o 2 de agosto de 2022.Umbridae Bonaparte, 1845 na BioLib. Consultada o 2 de agosto de 2022.Froese, R. & D. Pauly. Editors. (2017): Umbridae Bonaparte, 1845, en FishBase. World Wide Web Electronic Publication.

Etimoloxía O nome científico da familia está formado polos elementos Umbr- e -ĭdae. O primeiro é a raíz do seu xénero tipo, Umbra, e o segundo é o sufixo empregado no latín científico para a formación dos nomes das familias dos animais.Umbridae no Merriam-Webster Dictionary.

Clasificación A familia comprende sete especies, agrupadas nos seguientes tres xéneros:Nelson, J. S. (1984): Fishes of the world. 2nd edition. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN ISBN 0-4718-6475-7. Xénero Dallia Bean, 1880:Dallia no WoRMS.Dallia na BioLib. Dallia admirabilis Chereshnev, 1980 Dallia delicatissima Smitt, 1881 Dallia pectoralis Bean, 1880 Xénero Novumbra Schultz, 1929:Novumbra no WoRMS.Novumbra na BioLib. Novumbra hubbsi Schultz, 1929 Xénero Umbra Kramer, 1777:Umbra no WoRMS.Umbra na BioLib. Umbra krameri Walbaum, 1792 Umbra limi (Kirtland), 1841 Umbra pygmaea (DeKay, 1842)

Características Aleta caudal arredondada. Raios caudais 20-30; 8-19 ramificados. Liña lateral débil, se está presente. Poros no canal infraorbitario 3 ou menos. Sen nasais. Vértebras, de 32 a 42. Número de cromosomas moi variábel (de 22 a 78). Acadan unha lonxitude máxima de 33 cm, no xénero Dallia.Family Umbridae na FishBase.

Distribución Moitas áreas por riba dos 20º no Hemisferio Norte.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Esociformes

Categoría:Esociformes