Oleg Germanovich Artemiev, nado en Riga (Letonia) o 28 de decembro de 1970, é un cosmonauta ruso que formou parte das misións Soiuz TMA-12M, Soiuz MS-08 e Soiuz MS-21 e foi membro das expedicións 39, 40, 55, 56 e 57 á Estación Espacial Internacional.

Traxectoria Artemiev graduouse en física e tecnoloxía pola Universidade Técnica Bauman de Moscova en 1998. Foi seleccionado como candidato a cosmonauta en xaneiro de 2003, completando o seu adestramento 28 de xuño de 2005. Participou nas misións Soiuz TMA-12M, Soiuz MS-08 e Soiuz MS-21, sendo membro das expedicións 39, 40, 55, 56 e 57 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 365,96 días no espazo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Expedición 39 Expedición 40 Expedición 55 Expedición 56 Expedición 57

Categoría:Astronautas de Rusia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Nados en Riga