Xosé Manuel Sarille Fernández, nado en Lugo en 1956, é un activista e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Historia, foi profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. De 1986 a 1997 foi presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, organización da cal foi electo Presidente de Honra en 2006. Traballou tamén na creación da Mesa para a Defensa do Galego de Asturias e da Mesa pola Defensa do Galego no Bierzo, así como na concepción e xestión inicial da Fundación Vía Galego.

Impartiu conferencias sobre a lingua galega por toda Galicia. Foi columnista semanal da edición de Galiza do diario El Mundo, e comentarista en A Nosa Terra, El Correo Gallego Galicia Confidencial e Praza Pública.

Foi profesor de Xeografía, Historia, Economía e Historia da Arte, no IES Lamas de Abade de Santiago de Compostela. Anteriormente fora profesor de Lingua e Literatura Galega.

Obra Narrativa Polos fillos dos fillos (2003). Candeia Editora (con Manuel Sarille Lanceiro).

Ensaio A impostura e a desorientación na normalización lingüística (2007). Candeia Editora. A causa das mulleres (2020). Candeia Editora. A nova presenza do BNG (2021). Medulia.

Obras colectivas Arximiro Rico. Luz dos humildes, 2001, Gesto Dentro editora. Con Narciso de Gabriel. O Mandarim, de José Maria Eça de Queirós, 2008, Candeia Editora. Coeditor, con Patricia A. Chachero.

Obra en castelán La guía das autocaravanas, 2014, Estrada de Sintra Editora.

Véxase tamén Ligazóns externas Blog do autor en Internet Archive.

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Activistas pola normalización lingüística do galego Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1956 Categoría:Profesores de educación secundaria