O río Viñao é un afluente do río Avia pola marxe esquerda. Ten todo o seu percorrido na provincia de Ourense, percorrendo os concellos do Irixo e Boborás. Nace cerca do alto da Gándara no Irixo e ten unha lonxitude total de 27 km, e a súa conca cobre uns 139 km² de superficie. Recolle as augas de múltiples regatos e finalmente desemboca no río Avia á altura de Salón, Albarellos.

miniatura|esquerda|Río Viñao e ponte de Brués (Boborás). No ano 2001 cinco persoas morreron nun accidente de tráfico ao precipitarse un autobús ao río dende unha altura de 35 metros.

Notas

Viñao