Estas son as personaxes da serie de animación televisiva Family Guy.

Familia Griffin Peter Lowenbrau Griffin – Peter é un home de 42 anos, nado no mes de xullo. El ten unha herdanza principalmente irlandesa, con algúns antecesores negros. Peter é un home grande e extremadamente idiota, que habitualmente está a se meter en leas, que soamente se fan peores cando el intenta saír deles. Marido de Lois, pai de Meg, Chris e Stewie, e tecnicamente o propietario de Brian. Lois Pewterschmidt Griffin – Lois é unha muller de 40 anos. Nada na rica familia Pewterschmidt, Lois perdeu a súa herdanza ó casar con Peter. Lois ensina piano para gañar un pequeno soldo para a familia, aínda que ela gasta a meirande parte do tempo en coidar da súa familia. Megan "Meg" Griffin – Meg é unha rapaza de 16 anos (17 na cuarta temporada), filla de Peter e Lois (aínda que, segundo Brian, o pai real de Meg é un home chamado Stan Thompson). Meg intenta encaixar co grupo de xente da súa idade da escola James Woods Regional High School. Meg é obxecto de bromas sobre o seu aspecto e a súa existencia en xeral. Christopher Cross "Chris" Griffin – Chris é un rapaz de 13 anos (14 na cuarta temporada), fillo de Peter e Lois. Herdou bastantes cousas do seu pai, polo que non é moi intelixente e ademais ten sobrepeso, pero ten un tremendo talento para o debuxo. El é o único rapaz cuxa paternidade non foi cuestionada. Stewart Gilligan "Stewie" Griffin – Stewie é un neno dun ano de idade fillo de Lois e Peter, que inexplicablemente ten acento inglés. Stewie ten unha prodixiosa intelixencia, e á ambición de dominar o mundo, pero o máis importante para el é matar a Lois. Normalmente os seus plans non son tomados en serio pola súa familia. Brian (o can) é o único que lle presta atención, aínda que moitas veces estean rifando entre eles. Brian Griffin – Brian pode describirse coma o can parlante da familia Griffin, pero é máis adecuado describilo como o can que decidiu vivir con eles. Chámase Brian Griffin xa que foi adoptado pola familia Griffin. O seu nome real é sinxelamente "Brian". Aínda que el exhibe comportamentos típicos de cans, tamén pode falar intelixentemente, conducir un coche, camiñar bipedamente e ter un marcado enxeño. Peter é o seu mellor amigo, aínda que Brian é moito máis intelixente ca el.

Parentes Familia de Peter Francis Griffin – É o pai ultracatólico de Peter. Foi empregado do Pawtucket Mill, e nunca tiña tempo para o seu fillo, porque pensaba que non traballar era un pecado. Foi finalmente forzado a retirarse despois de sesenta anos de servizo, pero rexeitou retirarse, terminando coma gardacostas do Papa. Odia a Lois (e posiblemente a tódolos non católicos) porque non é católica. Thelma Griffin – Esposa de Francis e nai de Peter. É unha alcólica que gasta o seu tempo xogando en Las Vegas. Os Griffins teñen un foguete ó lado da casa para escapar cando Thelma os visita. Bertram Griffin – Irmanastro e arquenémese de Stewie, el foi orixinariamente o fillo inconcebido de Lois e Peter, referido coma o esperma-irmán de Stewie. No episodio "Emission Impossible" el loita contra un Stewie en miniatura dentro do corpo de Peter, e compartiu a xenreira de Stewie contra Lois e Jason Patric. No episodio "Sibling Rivalry", el naceu nunha parella de lesbianas, grazas á doazón de esperma de Peter. Thaddeus Griffin – Irmán xemelgo malvado de Peter. Ten un longo bigote e un sombreiro e gosta de levar cor negro e rir maquiavelicamente. Thaddeus é unha homenaxe ós malos da pantomima clásica como Snidely Whiplash e Crumden. Nathaniel "Nate" Griffin – Devanceiro negro de Peter, que viviu durante a Guerra Civil americana. O seu dono era un antecesor do pai de Lois, Carter Pewterschimdt. O libro titulado “Griffin Genealogy” mostrado no episodio “Peter Griffin: Husband, Father...Brother?” di que en 1840, Nate foi empregado para coidar cabalos. Namorouse da filla do seu dono, e tiveron tres fillos. (defunto) Osais Griffin – Bisavó de Peter, que posuíu un dos primeiros teléfonos; o seu número de teléfono era 3. No episodio “Peter Griffin: Husband, Father...Brother?” Peter e Chris van á Biblioteca Pública de Quahog para coñecer a historia da familia de Peter. Chris atopou un libro titulado “Griffin Genealogy”, e Peter leu os extractos para Osais, Thomas, e Nate. (defunto) Thomas Griffin – Tataravó de Osais. Foi un gran filósofo. (defunto)

Familia de Lois Carter Pewterschmidt – Multimillonario e dono de U.S. Steel. Marido de Barbara, pai de Lois, Carol, Patrick, e aparentemente dun limpabotas mulato. Odia a Peter intensamente, insultándoo e degradándoo a cada ocasión. El e a súa muller Barbara divorciáronse, pero casaron rapidamente. Barbara Pewterschmidt – Esposa de Carter, nai de Lois, Carol, e Patrick. Tivo unha relación con Jackie Gleason, e posiblemente outros homes, mais o seu marido non semella saber ou coñecer isto xa que casaron por motivos de negocio. Unha vez divorciouse de Carter e casou con Ted Turner, pero divorciouse enseguida, tomando a metade da CNN e TNT para si e volvendo casar con Carter. Comparte con Carter o seu desprezo a Peter e o amor polos netos. Carol Pewterschmidt – Irmá de Lois Griffin e Patrick Pewtershmidt, filla de Carter e Barbara. Carol ten oito ex-maridos, e ten un fillo co máis recente. Non lle gusta os seus pais, e non sente aversión por Peter. Patrick Pewterschmidt – Irmán de Lois, que estivo foi pechado nun manicomio polos seus pais Carter e Barbara despois de ver como a súa nai tiña sexo con Jackie Gleason. Como resultado tivo unha interrupción nerviosa e alberga, dende entón, un inmenso odio ás persoas gordas. Durante a súa temporal saída do manicomio, el foi o "Estrangulador de gordos de Quahog" e case mata a Peter. El ten unha esposa imaxinaria chamada Marian. Marguerite Pewterschmidt – Tía de Lois Griffin. Ela posuíu o señorío Cherrywood Manor en Newport, que Lois herdou despois da súa morte. Ela compartía con Barbara e Carter a aversión por Peter. (defunta)

Familia de Brian Biscuit (defunta) – Nai de Brian. Cando ela morreu, os seus donos a fixeron disecar para convertela nunha mesa de noite. Brian e Stewie déronlle entón un enterro digno. Coco – Pai de Brian. No episodio onde Brian é o mestre substituto na clase de Chris, Brian fai a broma, "Chamádeme Brian. O señor Griffin era meu pai." Chris contestou, "Eu pensaba que teu pai estaba morto, se chamaba Coco e o atropelou un camión do leite." (presumiblemente defunto) Jasper – Curmán homosexual e extravagante de Brian, que constantemente está realizando bromas. Brian viviu con Jasper cando se mudou a vivir a Hollywood para dirixir filmes pornográficos. El ensina danza no Club Med.

Outros Todd (defunto) – O can dos Griffin antes de ter a Brian. Como Brian, el era un can parlante. Viviu ata os 15 anos. Fluffy – Fluffy é o gato que Peter conseguiu despois de que Brian marchara da casa dos Griffin. Fluffy resultou ser un gato malvado que lanzou petardos ós Griffin, e sobre o cal Peter dixo, "Deus,odio a este maldito gato." Stan Thompson – Pai real de Meg, de acordo con Brian en "Screwed the Pooch". Cousin Janeen – O curmán do que se burlan os Griffin, Peter e Chris xeralmente,debido a que el ten diabetes. Seabreeze – O can da familia Pewterschmidt. É un galgo premiado. Tivo unha relación con Brian en "Screwed the Pooch".

Parentes de ficción A imaxinación activa de Peter conduciu a referencias en flashbacks dunha ampla lista de parentes, maioritariamente parodias de figuras históricas.

Kathy Griffin – Curmá de Peter, é unha comediante que é considerada por moitos tan pesada nos shows coma na vida real. Huck Griffin. Avó de Peter – Avó de Peter e pai de Francis Griffin. Angus Griffin – Devanceiro escocés de Peter Griffin. Foi un dos homes que inventou o golf, coa regra de "nin negros nin xudeus". Juarez Griffin. Jabba the Griffin. Ulysses S. Griffin. Devanceiros de Peter participantes na Guerra Civil Americana. Rei Artur Griffin – Devanceiro medieval de Peter, parodia do Rei Artur. Cando Xenevra lle ofrece facer o amor con el se saca a espada Excalibur da rocha, el pregúntalle, "E se só podo movela un pouco? Tocarasma?" Ella Fitzgerald Griffin. Juan Ponce de León Griffin. Rufus Griffin. Quark Griffin. Stewie Cruise. Ur-Peter. Moisés Griffin. Peter Hitler - Irmán preferido de Adolf Hitler. Tío bisavó de Peter Griffin. Willy "Black-Eye" Griffin, actor estrela do cinema mudo, mais canda a chegada do son ó cinema a súa voz non callou. Xefe Jeep Grand Cherokee. Puss.

Outras familias

Browns Cleveland Brown - Un dos veciños e mellores amigos de Peter Griffin, así como un dos poucos afroamericanos da serie. O seu nome é unha parodia do nome do equipo profesional de fútbol americano Cleveland Browns. Cleveland e Peter coñecéronse unha noite, presumiblemente a comezos ou mediados dos 70, cando Peter facía autostop para volver a Rhode Island. Loretta Brown - Exmuller de Cleveland Brown e nai de Cleveland Brown, Jr.. Loretta é testalana e algo controladora. Loretta dominaba ó seu marido, e en numerosos episodios Cleveland alude ás amplas demandas que Loretta lle esixe. Promove a cultura negra e non permite a literatura branca na súa casa. Divórciase de Cleveland despois de que este coñeza a relación amorosa entre Loretta e Glen Quagmire en "The Cleveland-Loretta Quagmire". (eliminada da serie) Cleveland Brown, Jr. - Fillo de Cleveland Brown e Loretta Brown. Cleveland, Jr. é un adolescente hiperactivo (moi probablemete de entre 12 e trece anos) cun curto período de atención (síntoma de ADHD), en contraste coa calma do seu pai. Broderick Brown - Irmán de Cleveland Brown, que é cirurxián plástico.

Campbells De "From Method to Madness" Dave Campbell – Nudista. É o marido de Dotty, e o pai de Jeff. Membro do exército de KISS. Dotty Campbell – Nudista. Esposa de Dave, e nai de Jeff. Jeff Campbell – Fillo de Dave e Dotty, ten 16 anos. Jeff tamén é nudista. (neno sen nome) Campbell - Visto cando os Griffin van a cenar. Non foi visto máis.

Goldmans Mort Goldman - Farmacéutico xudeu, e un dos amigos de Peter. Unha vez Peter vendeulle a Meg para pagarlle. Muriel Goldman - Esposa de Mort. Neil Goldman - Fillo de Mort e Muriel. Distintamente ó seu pai, ten moita autoestima en si mesmo. El sempre se lle insinúa a Meg, mais ela sempre o rexeita. Aínda así ten unha moza chamada Cicelia. Jennifer Love Hewitt - De acordo coa serie, é a sobriña de Mort e Muriel, e curmá de Neil. Unha vez tivo unha cita con Peter. Aparentemente ela tamén era un neno esquimó.

Familia de Jack (apelido descoñecido) De "Love Thy Trophy" Jack – Home cariñoso que adoptou a moitos nenos de varias razas para crear os principios da harmonía racial. Adoptou brevemente a Stewie despois de que os servizos protectores do menor pensaran que o bebé era adicto ó crack. Sarah – Casada con Jack, ela rexeitou devolver a Stewie ós Griffin até que lle subornaron cun bolso de Prada. Li – Un dos nenos adoptados, de herdanza chinesa. Pablo – Un dos nenos adoptados, de herdanza latina. Ura – Unha das nenas adoptadas, de herdanza africana. Nenos sen nome - Hai outros tres nenos.

Nelsons De "Wasted Talent" Jerry Nelson – Marido de Janey. Janey Nelson – Esposa de Jerry.

Pinchleys De "One If by Clam, Two If by Sea" Nigel Pinchley – Pai de Eliza. Brevemente foi promietario da Almexa Bébeda antes de intentar cobrar o seguro queimando o bar. Lois descubriu a fraude. Foi deportado a Inglaterra, onde foi colgado. Eliza Pinchley – Filla de Nigel Pinchley. Trama vinganza contra Lois pola morte do seu pai. Dende entón vive nun orfanato.

Quagmires