Miss Ledyia ou Miss Ledya é o primeiro filme de ficción galego que se coñece, rodado en 1916. Foi dirixido por Xosé Gil y Gil, con guión de Rafael López de Haro, e ten unha duración de 20 minutos.
Argumento A historia, moi influída polos seriais cinematográficos de Louis Feuillade, moi de moda daquela, narra a chegada a Pontevedra de Miss Ledyia Katson e o seu tío millonario dende os Estados Unidos e a súa estadía na Illa da Toxa. Alí coinciden cos reis de Suavia que se encontran de incógnito e que están ameazados pola chegada tamén dun anarquista, que pretende realizar un atentado, nunha clara referencia ao atentado de Saraxevo que desencadeou a primeira guerra mundial.
Características miniatura|150px|O director Xosé Gil Foi rodada na illa da Toxa, no balneario do río Lérez en Monte Porreiro (Pontevedra), e mais na Caeira e Portosanto (Poio). Estreouse o 3 de marzo de 1916 no Teatro Principal de Pontevedra.
Tan só se conserva unha copia do filme que estivo no Museo de Pontevedra ata 1996 cando llo cedeu á Filmoteca Española. Actualmente está no Centro Galego de Artes da Imaxe, que restaurou a copia.
Intérpretes Os actores, afeccionados, pertencían á burguesía pontevedresa. Aparecen por orde de aparición nos créditos: Fefa Sandoval (Miss Ledyia) Marina Fonseca (Márgara) Petra Gaztambide Lola Quiñones Margarita Berbén (Miss Katia) Clara Sobrino Fausto Otero (Rusquin) Castelao (pastor protestante) Víctor Cervera Mecadillo (Míster Katzon) Isidoro Millán Félix Rojas Manuel Espárrago Antonio Blanco Porto (Carlos)
Véxase tamén Bibliografía Acuña, X. E.: "Miss Ledya", artigo na revista A Nosa Terra, 21 de novembro de 1986 (p. 18).
Ligazóns externas Vídeo no CGAI
Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de 1916 Categoría:Filmes dirixidos por Xosé Gil y Gil