Hans Speidel, nado o 28 de outubro de 1897 en Metzingen e finado o 28 de novembro de 1984 en Bad Honnef, foi un xeneral alemán.

Historia

Cargos militares H. Speidel foi xefe de Estado Maior do mariscal de campo Erwin Rommel na Alemaña nazi e xogou un papel protagonista na creación da Bundeswehr na Alemaña Occidental, despois da segunda guerra mundial. En 1957, acadou o máximo posto de Comandante Supremo da Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN) en Europa central. Xubilouse en setembro de 1963 e morreu aos 87 anos.

Conspiración no atentado contra Hitler O xeneral Hans Speidel foi detido pola Gestapo por suposta asociación co intento de asasinato de Adolf Hitler o 20 de xullo de 1944 na Operación Valquiria.

Speidel foi un firme partidario da estratexia de expansión territorial de Alemaña, pero estaba interesado en criticar o seu compoñente racial, cualificándoo publicamente de "vergoñento e insalubre". Esta posición súa acabaría por atraer a atención dos conspiradores, que o recrutaron en 1941, dándolle a misión de atraer a Erwin Rommel á causa.

Despois da súa detención, foi xulgado e interrogado pola Gestapo. Como non foi expulsado da Wehrmacht, escapou de ser xulgado nun xulgado popular, algo que derivaría na súa condena á pena de morte. Conseguiu escapar en abril de 1945 ante a aproximación das forzas aliadas. Entregouse ás forzas francesas en maio de 1945.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Erwin Rommel Operación Valkiria Adolf Heusinger Johann von Kielmansegg

Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Militares de Alemaña Categoría:Militares de Alemaña da segunda guerra mundial Categoría:Militares da OTAN