Dorotea (saami meridional: Kraapohken tjïelte e ás veces Döörten tjïelte) é un municipio sueco (kommun) do condado de Västerbotten. Atópase na provincia histórica de Laponia, con pequenas partes nas de Ångermanland e Jämtland. A súa capital é a localidade de Dorotea con 1 208 habitantes en 2023, sendo o seu único núcleo urbano e vive algo máis da metade da poboación do concello, que en decembro de 2024 era de 2 294 habitantes. Dorotea é o concello con menos habitantes de toda Suecia.

As partes occidentais do municipio están formadas por montañas, mentres que as partes do sueste están formadas principalmente por marismas. A economía baséase principalmente na industria manufactureira, nas actividades públicas e na agricultura e silvicultura, aínda que o turismo está aumentando considerablemente.

Xeografía O municipio limita ao norte co concello de Vilhelmina e ao leste co de Åsele, os dous no condado de Västerbotten, e ao sur co de Sollefteå no condado de Västernorrland e o de Strömsund no condado de Jämtland.

O concello é un dos máis meridionais do condado de Västerbottens e do landskap de Lappland. Debido a iso á veces o concello é coñecido como a porta sur de Lappland.

Topografía e hidrografía Os contrafortes máis orientais dos Alpes Escandinavos, así como o pico de Norra Borgafjällen, que acada os 1 477 metros sobre o nivel do mar, conforman a zona occidental do municipio. Alí o leito rochoso está formado de amfibolita, o que significa que a vexetación das rexións alpinas componse principalmente de queiroas secas. Ao leste de Borgafjället, no límite con Vilhelmina, atópase a meseta de Blaikfjället que chega aos 724 metros de altura. Na área o leito rochoso é pobre en cal e está cuberto con grandes áreas de bosque primitivo. Unha vexetación máis rica existe por exemplo na reserva natural de Månsberget e cara ao lago Ormsjön. A área de morena en Rogenmorän, así como outeiros máis pequenos, atópanse entre as zonas alpinas. As partes do sueste do concello están formadas principalmente por marismas e son parte do lappmark de Åsele e tamén é unha ruta de migración para os renos en Blaikfjäll.

Conservación natural No ano 2021 había 11 reservas naturais no municipio, das cales Blaikfjället e Gitsfjället eran as máis grandes e que ademais compartía co concello de Vilhelmina. A reserva de Stenbitshöjden esténdese ata o municipio de Åsele. Tamén a reserva de Gäddsjömyran, que a xunta administrativa do condado de Västerbotten describe como "a paisaxe natural máis magnífico do condado", é compartida co municipio de Vilhelmina. Na reserva de Arksjöberget pode atoparse unha flora moi variada.

Divisións administrativas Ata o ano till 2016 o concello estaba dividido nunha parroquia, Dorotea-Risbäcks, para os efectos de informes de poboación. A partir dese ano o municipio divídese no seu lugar en dous distritos, Dorotea e Risbäck.

Áreas urbanas No concello de Dorotea só existe unha área urbana, Dorotea, que no ano 2023 tiña 1 208 habitantes e onde vive algo máis da metade da poboación.

Economía e infraestruturas A meirande parte dos empregos atópanse na capital e a economía baséase principalmente na industria manufactureira, os servizos públicos, e a agricultura e silvicultura. Unha das empresas máis grandes dentro da industria manufactureira é o fabricante de caravanas SoliferPolar, que con 75 traballadores era o principal empregador privado do concello en 2020. Outras industrias e empresas coñecidas son Dorocell, Svenska Tält e S-Karosser.

O número de persoas empregadas na industria manufactureira e na industria do turismo aumentou considerablemente, mentres que o número deempregados na agricultura e na silvicultura disminuíu.

A estrada 45 cruza o leste do concello. A liña férrea Inlandsbanan tamén atravesa o municipio. Durante o verán o tren ten unha estación no concello.

Poboación A 31 de decembro de 2024 Dorotea tiña unha poboación de 2 294 habitantes, o que o sitúa no derradeiro posto,, o 290, en termos de poboación entre os concellos de Suecia.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do municipio

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Västerbotten