1984 (MCMLXXXIV) foi un ano bisesto comezado en domingo segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos 1 de xaneiro: Independencia de Brunei. 1 de xaneiro: AT&T é dividida en 24 unidades independentes. 2 de xaneiro: Cinco barcos iraníes son atacados e destruídos pola Armada iraquí no Golfo Pérsico. 4 de xaneiro: Israel bombardea o Líbano causando máis de 100 mortos e 400 feridos na rexión de Baalbek. 5 de xaneiro: Richard Stallman comeza o proxecto GNU. 7 de xaneiro: Brunei convértese no sexto membro da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN). 10 de xaneiro: Os Estados Unidos e o Vaticano establecen completas relacións diplomáticas. 24 de xaneiro: Ponse á venda o primeiro Apple Macintosh. 13 de febreiro: Konstantin Chernenko sucede a Yuri Andropov como secretario xeral do Partido Comunista da URSS. 28 de xuño: Polémico e violento traslado a Galiza e enterramento dos restos de Castelao en San Domingos de Bonaval. 11 de xullo - Aprobouse a Lei de Creación da Compañía de Radio-Televisión de Galicia. 12 de xullo: Nace Victoria Anna Sánchez Perea, resultado da primeira fecundación in vitro en España, no Instituto Universitario Dexeus de Barcelona. 19 de xullo: Data do derradeiro avistamento do barco pesqueiro galego Montrove no caladoiro canario-sahariano. Desapareceron 16 persoas. A maioría dos tripulantes procedía do concello de Bueu. 16 de agosto: Lanzamento do satélite científico AMPTE. miniatura|Detalle da cuberta de Tagebuch einer Kindheit in Galicien (1984), tradución ao alemán das Memorias dun neno labrego (1961) de Pepe Neira. Nacementos 24 de febreiro - Tom Høgli, futbolista noruegués. 8 de xullo - John Bain máis coñecido como TotalBiscuit comentarista e crítico de videoxogos. (m. 2018) 28 de agosto - Paula Fernandes, cantante brasileira. 7 de setembro - Vera Zvonareva, xogadora rusa de tenis. 20 de setembro - Brian Joubert, patinador artístico francés. 27 de setembro – Avril Lavigne, cantante estadounidense. 28 de outubro - Oriana Méndez, poeta galega. 9 de novembro - Yuan Shu-chi, arqueira olímpica chinesa. 22 de decembro - Basshunter, cantante, produtor e DJ sueco
Mortes 1 de xaneiro - Claudio Estrada, compositor e guitarrista mexicano. 7 de xaneiro - Alfred Kastler, físico francés, Premio Nobel (n. 1902). 14 de xaneiro - Ray Kroc, empresário estadounidense, fundador de McDonald's (n. 1902). 20 de xaneiro - Johnny Weissmuller, actor (Tarzán) e nadador austríaco (n. 1904) 6 de febreiro - Jorge Guillén, poeta español. 9 de febreiro - Yuri Andropov, secretario-xeral do Partido Comunista Soviético (n. 1914). 12 de febreiro - Julio Cortázar, escritor arxentino (n. 1914). 21 de febreiro - Mikhaïl Sholokhov, escritor ruso, Premio Nobel de Literatura (n. 1905). 2 de marzo - Manuel Díaz Rozas, mestre e pedagogo galego (n. 1894). 6 de marzo - Martin Niemöller, pastor luterano alemán (n. 1892). 1 de abril - Marvin Gaye, cantante estadounidense (n. 1939). 8 de abril - Pyotr Leonidovich Kapitsa, físico ruso, Premio Nobel de Física (n. 1894). 26 de abril - Count Basie, músico e compositor estadounidense (n. 1904). 22 de xuño - Joseph Losey, director de cine estadounidense (n. 1909). 26 de xuño - Michel Foucault, filósofo francés (n. 1926). 25 de agosto - Truman Capote, escritor estadounidense. 7 de setembro - Yosyf Slipyi, eclesiástico grecocatólico, Arcebispo Maior de Lviv (n. 1892). 14 de outubro - Martin Ryle, radio-astrónomo británico, Premio Nobel de Física (n. 1918). 19 de outubro - Henri Michaux, escritor, poeta e pintor (n. 1899). 20 de outubro - Carl Ferdinand Cori, bioquímico austríaco, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (n. 1896). 20 de outubro - Paul Dirac, físico inglés, Premio Nobel (n. 1902). 21 de outubro - François Truffaut, director de cine francés (n. 1932). 31 de outubro - Indira Gāndhi, primeira ministra da India (n. 1917). 5 de novembro - Manuel Rodríguez Saa, Conde de Waldemar, ilusionista galego (n. 1885). 14 de decembro - Vicente Aleixandre, escritor español, Premio Nobel de Literatura (n. 1898).
25 de decembro - Enrique Gippini, mestre e escritor galego (n. 1901).
Premios Nobel Física: Carlo Rubbia e Simon van der Meer Química: Bruce Merrifield Fisioloxía ou Medicina: Niels K. Jerne, Georges J.F. Köhler e César Milstein Literatura: Jaroslav Seifert Paz: Desmond Tutu Economía: Richard Stone
Día das Letras Galegas dedicado a Armando Cotarelo Valledor
Outros
Historia ano a ano
Notas
Categoría:1984