thumb|left|Centro comercial Mladost, en Sofía. Bulgaria, antigo país comunista que ingresou na Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007 rexistrou estabilidade macroeconómica e forte crecemento dende 1996, cando unha mudanza na economía provocou a caída do entón goberno socialista, que arrastaba o peso da política comunista. Como resultado, o novo goberno tornouse comprometido coas reformas económicas e un planeamento fiscal responsábel. Actualmente a economía funciona baixo o sistema de mercado libre e ten un grande sector privado e un pequeno sector público.
O país creceu a medias superiores a 6% ó ano entre 2004 e 2008 apoiado por empréstimos bancarios, consumo e forte investimento direto. En 2009 o PIB contraeu 5,5%, permaneceu estagnado (crecemento de 0,2%) en 2010 a pesar da retomada das exportacións, creceu 1,7% en 2011 e 1% en 2012.
Na súa industria ten importancia o papel das minas de carbón, cobre e cinc. A moeda do país, o lev búlgaro, ten unha taxa de cambio fixa de 1.95583 leva por Euro.
Notas