Eda é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland. A súa capital é Charlottenberg, o que o converte nun dos 42 concellos que ten como capital a unha antiga localidade municipal.
O municipio limita cos concellos de Arvika e Årjäng en Suecia, e cos de Eidskog, Kongsvinger e Aurskog-Høland en Noruega.
Eda é parte da rexión de cooperación sueco-norueguesa chamada ARKO.
Administración histórica A área do concello correspóndese ás parroquias de Eda, Järnskog, Köla e Skillingmark. Nesas parroquias fundáronse concellos rurais cos reforma municipal de 1862 cos mesmos nomes.
No municipio rural de Eda atopábanse as comunidades municipais de Charlottensberg, establecida o 2 de febreiro de 1906, e Åmotfors, establecida o 18 de novembro de 1904. As dúas disolvéronse o 31 de decembro de 1961.
Coa reforma municipal de 1952 o concello rural de Skillingmark incluíuse no de Järnskog, mentres que os de Eda e Köla non se viron afectados.
O municipio de Eda fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir dos concellos rurais de Eda, Järnskog e Köla.
O concello estivo incluído dende a súa fundación ata o ano 2005 no partido xudicial de Arvika e dende 2005 foi incluído no partido xudicial de Värmland.
Historia A historia de Eda sempre estivo marcada pola súa posición fronteiriza con Noruega. A fronteira entre Noruega e Suecia non estivo clara durante moito tempo, pero a finais da Idade Media esta fixouse ata máis os menos os límites actuais, aínda que a mediados do século XVIII realizouse unha revisión final da mesma.
Continuos conflitos fronteirizos, xeralmente como resultado da competencia de Suecia e Dinamarca-Noruega polo poder político na rexión nórdica, afectaron á xente que vivía no concello. Estes culminaron no século XVII e deron lugar á construción de varios fortíns (skans) permanentes. Isto ocorreu principalmente na parroquia de Eda, onde unha temperá vía de comunicación conectaba os dous reinos e era usada acotío durante os ataques inimigos. O reconstruído skans de Eda, entre Charlottenberg e Åmotfors, e un exemplo deste tipo de fortificacións.
Porén, a proximidade con Noruega tamén foi positiva en tempos de paz, ao desenvolverse o comercio entre os dous países. O ferro de pantano sueco intercambiouse por sal norueguesa a través da fronteira. Durante unha gran parte da Unión entre Noruega e Suecia, entre 1814 e 1905, aplicáronse normas aduaneiras favorables e o comercio foi moi activo.
Dende de Noruega tamén chegaron innovacións culturais e relixiosas. Isto levou á cristianización temperá das parroquias fronteirizas, existinto igrexas xa no século XIII. Estas primeiras igrexas eran de madeira, e foron substituídas polas presentes igrexas de pedra a partir do século XVII.
Dende finais do século XI e ata a reforma 400 anos despois, a zona probablemente tamén recibiu influencias culturais dende o sur, cando milleiros de peregrinos atravesaban principalmente as parroquias de Järnskog e Skillingmark de camiño cara a tumba de Santo Olavo en Nidaros (Trondheim).
Dende mediados do século XVIII desenvolveuse un significativo movemento industrial nesas parroquias. A enerxía hidroeléctrica e os ricos recursos forestais formaron a base para a produción de manufacturas de ferro. O primeiro taller estableceuse en Köla no ano 1744. Chamouse Adolfsfors polo herdeiro ao trono sueco Adolfo Federico. Apenas dez anos despois ampliouse o negocio e construíuse outro taller de Adolfsfors a uns centos de metros ao sur, na granxa de Nore na parroquia de Eda. Finalmente chegou a chamarse Noreborg.
A finais da década de 1790 comezou a operar un taller en Häljeboda, na parroquia de Eda, e outro en Skillingmark. O que se convertería na planta industrial máis grande e o que sobreviviu durante máis tempo construíuse en Charlottenberg en 1827.
Áreas urbanas Na delimitación de áreas urbanas do Instituto Nacional de Estatística de Suecia o 31 de decembro de 2015 había catro áreas urbanas no municipio de Eda NrÁrea urbanaPoboación1Charlottenberg 2Åmotfors3Koppom4Eda glasbruk
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Värmland