Ekerö é un municipio sueco (kommun) do condado de Estocolmo. A súa capital é Ekerö, situada na illa de Ekerön. En decembro do ano 2024 a súa poboación era de 28 910 habitantes.
O municipio de Ekerö está no sur do landskap de Uppland e inclúe as illas Mälaröarna. O concello inclúe 140 illas no lago Mälaren.
Ekerö limita ao nordés co concello de Järfälla, ao leste co de Estocolmo, ao sueste co de Huddinge, ao sur cos de Botkyrka e Salem e ao suroeste co de Södertälje, todos no condado de Estocolmo. Ao oeste limita co concello de Strängnäs no condado de Södermanland, ao norte cos de Enköping e Håbo no condado de Uppsala e co municipio de Upplands-Bro no condado de Estocolmo.
Xeografía O concello está formado por un grupo de illas no lago Mälar. Estas coñecéronse durante moito tempo polo nome colectivo de Mälaröarna (as illas do Mälar). As illas máis importantes son:
Adelsön Björkö (Birka) Ekerön (incluídas Munsön, Kärsön e Gällstaö) Estbröte Fågelön Färingsö (Svartsjölandet) Helgö Kungshatt Kurön Kärsön Lovön (incluída Lindö) Malmhuvud
Ademais existen moitas illas pequenas, como Vårö e Ljusön, ámbalas dúas no estreito de Långtarmen.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Estocolmo