Iriaka Matiu Rātana OBE (Te Rio de solteira), nada o 25 de febreiro de 1905 en Hiruharama e finada o 21 de decembro de 1981, foi unha política maorí.

Traxectoria Presentouse polo Partido Laborista de Nova Zelandia e gañou a circunscrición de Western Maori en 1949. Sucedeu ao seu marido Matiu Rātana para converterse na primeira muller en representar aos maorís no Parlamento de Nova Zelandia. Ocupou o cargo até a súa xubilación en 1969.

Rātana recibiu unha medalla de Oficial da Orde do Imperio Británico polos seus servizos ao pobo maorí en 1971. Morreu o 21 de decembro de 1981 en Whanganui e foi soterrada no cemiterio Aramoho.

Notas

Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Finados en 1981 Categoría:Políticos de Nova Zelandia