Klára (Klari) Dán Von Neumann, nada en Budapest o 18 de agosto de 1911 e finada en San Diego, o 10 de novembro de 1963, foi unha científica estadounidense pioneira na programación.

Traxectoria Era filla de Károly - Karl Dán e Camila Stadler. O seu pai servira anteriormente no exército austrohúngaro como oficial durante a primeira guerra mundial, e trasladáronse a Viena para escapar de Béla Kun. Non volveron a Hungría ata que o réxime foi derrocado. A súa familia era rica e adoitaba organizar festas nas que Dán podía coñecer a moita xente de diferentes ámbitos.

Aos 14 anos, foi campioa nacional de patinaxe artística, e foi enviada a Inglaterra para estudar nun internado pouco despois.

Morreu en 1963 en circunstancias misteriosas: despois de abandonar unha festa en homenaxe á gañadora do Premio Nobel Maria Goeppert-Mayer, conduciu desde a súa casa ata a praia e morreu afogado. O seu cadáver foi atopado na praia de La Jolla . A policía considerou a súa morte como un suicidio.

Carreira Dán foi unha das primeiras programadoras do mundo e axudou a resolver problemas matemáticos mediante código informático.

Escribiu o código usado na máquina MANIAC I desenvolvida por John von Neumann e Julian Bigelow no Laboratorio Nacional de Los Alamos. Tamén participou no deseño de novos controis para a ENIAC e foi unha das súas principais programadoras.

Ensinoulles aos científicos daquela temperá idade a programar. Escribiu o prefacio das influentes Silliman Lectures de John von Neumann, publicadas postumamente e posteriormente editadas e publicadas pola Yale University Press como "The Computer and the Brain".

Aparece como unha figura relevante no libro de historia da computación "Turing's Cathedral: The Origins of the Digital Universe" de George Dyson .

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dyson, G., La catedral de Turing: Los orígenes del universo digital, Debate 2015. ISBN 9788499922508 .

Categoría:Nados en Budapest Categoría:Personalidades da informática Categoría:Científicos de Hungría Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América