Grums é un municipio sueco (kommun) do condado de Värmland. A súa capital é a localidade de Grums. En decembro do ano 2024 a súa poboación era de 9 004 habitantes.
Historia administrativa A área do concello correspóndese coa das parroquias de Borgvik, Ed, Grums e Värmskog. Nesas parroquias creáronse concellos rurais coa reforma municipal de 1862.
No concello rural de Grums estableceuse o 26 de maio de 1939 a localidade municipal de Grums que foi disolta a finais de 1947 cando se formou o köping de Grums a través da transformación do concello rural.
Coa reforma municipal de 1952 creáronse os grandes concellos de Ed (a partir dos anteriores concellos rurais de Borgvik e Ed) e Stavnäs (de Högerud, Stavnäs e Värmskog) mentres que o köping de Grums permaneceu sen cambios.
No ano 1969 o concello rural de Ed incorporouse ao köping de Grums. O actual municipio de Grums creouse coa reforma municipal de 1971 a partir do köping de Grums e dunha parte do concello rural de sStavnäs (a parroquia de Värmskog).
Xeografía O municipio está na beira noroeste do lago Vänern, a uns 25 quilómetros ao oeste de Karlstad. O concello limita cos municipios de Karlstad, Kil, Arvika e Säffle.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Värmland