Highland (pronunciado ), en gaélico escocés Gàidhealtachd , en scots Hieland é unha autoridade unitaria de Escocia, no Reino Unido). Limita cos concellos de Moray, Aberdeenshire, Perth and Kinross e Argyll and Bute. A capital administrativa é Inverness. É a división administrativa de maior extensión de todo o Reino Unido.

Historia Antes de 1975 o territorio estaba dividido entre varios dos antigos condados de Inverness-shire, Ross and Cromarty, Sutherland, Caithness, Nairnshire e partes de Argyll. En 1975, todos estes territorios uníronse nunha única rexión que se dividiu nos distritos de Badenoch and Strathspey, Caithness, Inverness, Lochaber, Nairn, Ross e Cromarty, Skye and Lochalsh e Sutherland. En 1996 coa abolición das divisións administrativas introducidas en 1975, o novo concello de Highland mantivo o mesmo territorio, pero a división en distritos foi anulada.

As principais cidades e vilas segundo a súa poboación son:

N. º Poboación Habitantes(2001) Condado histórico 1 Inverness (conurbación) 51.832 Inverness 2 Fort William 9.908 Lochaber 3 Nairn 8.418 nairn 4 Thurso 7.737 Caithness 5 Wick 7.333 Caithness 6 Alness 5.186 Ross e Cromarty 7 Dingwall 5.026 Ross e Cromarty 8 Invergordon 3.890 Ross e Cromarty 9 Tain 3.511 Ross e Cromarty 10 Conon Bridge 2.661 Ross e Cromarty

Localizacións

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Municipio Parroquia civil Subdivisións de Escocia Ligazóns externas Highland Council. Sitio web do concello de Highland.

Categoría:Xeografía de Escocia