Irene Montero Díaz, tamén coñecida como Irene Montero, nada en Ferrol en 1970, é unha escritora e xornalista galega.
Traxectoria Licenciouse en Filoloxía Inglesa na Universidade de Santiago e fixo un mestrado de Medios de comunicación na Universidade da Coruña.
Residente en Oleiros, é xornalista de profesión, con máis de vinte anos de traballo na comunicación corporativa, despois de pasar por varios medios informativos. En 2021 escribe a súa primeira obra literaria, Lúa Nova (Xerais, 2022), coa que consegue gañar a oitava edición do Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. A protagonista é Lúa Lóngora, de 34 anos e cega de nacemento, está inspirada nunha moza de 16 anos de Santa Cruz, de nome Natalia.
Obra
Lúa nova (2022). Vigo: Xerais. 96 páxs. ISBN 978-84-1110-112-7. ePub: ISBN 978-84-1110-107-3.
Premios
2021: VIII Premio de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira, por Lúa nova.
Notas
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en 1970 Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega