Habo é un municipio sueco (kommun) do condado de Jönköping. A súa capital é Habo. En decembro do ano 2024 a poboación do concello era de 13 456 habitantes.

A paisaxe do concello caracterízase por grandes depósitos de area e grava. No suroeste atópase a área de Stråkensjö e no norte hai unha paisaxe cambiante con cristas, outeiros, chairas e profundos kettles. Habo é un municipio onde a industria manufactureira e a administración pública dominan a economía local.

Dende a fundación co concello a tendencia da poboación vén sendo positiva, duplicándose o número de habitantes dende a fundación ata o ano 2015.

Administración histórica A área do municipio correspóndese á das parroquias de Brandstorp, Gustav Adolf e Habo. Nesa parroquias fundáronse concellos rurais co mesmo nome coa reforma municipal de 1862.

Coa reforma municipal de 1952 o concello de Gustav Adolf incluíuse no de Habo e o de Brandstorp no entón fundado concello rural de Fågelås.

O municipio de Habo fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da reorganización do concello rural de Habo. En 1974 incorporouse parte do municipio de Fågelås (Brandstorp).

Antes da formación do condado de Västra Götaland o 1 de xaneiro de 1998, o concello foi transferido, ao igual que o veciño municipio de Mullsjö, do condado de Skaraborg ao de Jönköping despois de que os residentes votaran a favor nun referendo consultivo. O código municipal anterior era 1623.

O concello estivo incluído dende a súa fundación no partido xudicial de Falköping, pero dende 1998 pertence ao partido xudicial de Jönköping.

Xeografía O concello está situado na parte oriental da provincia histórica de Västergötland, na beira occidental do lago Vättern. Habo limita ao noroeste co concello de Tidaholm e ao norte co de Hjo, os dous no condado de Västra Götaland. Ao sur limita co municipio de Jönköping e ao oeste co de Mullsjö, ámbolos dous no condado de Jönköping.

Topografía e hidrografía Como un resultado do derretimento da capa de xeo e do encoro do xeo dos lagos glaciares locais, a paisaxe do concello caracterízase por grandes depósitos de area e grava. Ao suroeste atópase a área de Stråkensjö, que é unha continuación do val do Tidan no veciño concello de Mullsjö. A auga do desxeo na zona depositou grandes cantidades de material que erosionaron os vales cara a depresión próxima aos límites do condado. Hökensås atópase na parte norte do municipio e alí hai cristas, outeiros, campos chans e profundos kettles, o que proporciona unha paisaxe variada.

Notas

Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Jönköping