miniatura|400px|Vieira viva aberta. A parte curva de cor alaranxada escura é o coral, termo culinario para denominar ás míllaras En zooloxía denomínase míllara á masa compacta formada polo conxunto de pequenos ovos de certos peixes e crustáceos, envoltos nunha membrana.míllara no Dicionario da RAG.

Observación O termo úsase xeralmente en plural.

Gastronomía As míllaras son unha gran concentración de ovos de peixes e outros animais mariños como o ourizo de mar, as gambas, a vieira, e algúns tiburóns e, dentro dos non mariños, os dalgunhas ras.

Empréganse en cociña en moitos pratos, incluso crúdas ou queimadas. O caviar, considerado unha delicia culinaria, son míllaras da femia do esturión.

Usos culinarios segundo os países miniatura|Míllaras secas en Cádiz miniatura|Almorzo peruano: chita e huevera frita con pan francés miniatura|Míllaras de salmón nun mercado de Shiogama, Xapón miniatura|Ikuradon, unha cunca de arroz cuberto con míllaras de salmón miniatura|Gónadas de ourizo de mar

España É común en todo o territorio español o emprego de míllaras de pescada, atún e outros peixes na cociñna española. Sérvense tanto crúas, como asadas, fritas ou adubiadas.Dionisio Pérez (1929): Guia del buen comer español. Ed. Maxtor, p. 290. As míllaras de atún son un elemento típico das táboas ou pratos de salazones xunto ao bonito seco ou a mojama. Na Rexión de Murcia é habitual o consumo de míllaras de muxo salgado. No Principado de Asturias comen as míllaras dos oricios (ourizos de mar). En Galicia as preferidas son as da centola e as da vieira acabadas de cocer.

Italia En Italia a bottarga é unha masa constituída por míllaras salgadas de muxo usada como aderezo dalgúns tipos de pasta.

Grecia e Turquía O tarama turco é un meze turco e grego que emprega míllaras como principal ingrediente. É típico da illa de Leucas (Λευκάδα). O resto dos ingredientes poden variar, pero adoitan incluír aceite de oliva, allo, tomate, noces e pemento vermello. O meze chámase taramosalata (ταραμοσαλάτα) en grego, e consiste en míllaras con zumeo de limón, cebola, allo e aceite de oliva.

Dinamarca As míllaras de Cyclopterus lumpus (stenbider) son moi prezadas na cociña danesa. Así mesmo, os daneses comen míllaras de bacallau (torsk).

Perú Na gastronomía peruana ás míllaras chámanse hueveras. Son moi prezadas as de bonito, Anisotremus scapularis (un hemúlido), linguado e corvina. Consómense fritas en forma de chicharrón,​ en xeleas e en tortillas,​ e é unha preparación popular nas cebicharías do país. ​ Venezuela En Venezuela (principalmente no oriente e na illa de Margarita) é común o consumo de míllaras de peixes tales como o atún, os xurelos, Mugil liza (un muxo) e bagres. Polo xeral consómense fritas, aínda que tamén se pden consumir guisadas.

Xapón

Os xaponeses usan unha gran variedade de míllaras na súa cociña, entre as cales pódense destacar as seguintes:

Ikura (いくら) – Míllaras de salmón. Son unhas esferas grandes dunha cor vermella-alaranxada. Debido a que as ovas de salmón utilízanse como carnada, as persoas que proben o suxi elaborado con elas por primeira vez poden quedar desconcertadas. Kazunoko (数の子/鯑) – Míllaras de arenque, amarelas ou rosadas, cunha textura gomosa e firme. Conforman unha soa masa, polo que aparentan ser un anaco de peixe. Mentaiko (明太子) – Míllaras de abadeixo de Alasca, especiadas con pementa vermella en po e rodeadas dunha fina membrana natural elástica. Estas ovas son de cor de avermellada a rosa. Tarako (たらこ) – Míllaras de abadeixo asadas. Tobiko (飛び子) – Míllaras de peix voador, de cor vermella-anlranjada, e crocantes. Uni (うに, 雲丹) – As gónadas do ourizo de mar (á veces chamadas equivocamente ovas) son fráxiles e fundentes. A súa cor varía de alaranxada a amarela pálidao. Consómense crúas ou pouco cociñadas. Son unha comida típica tamén da cociña coreana, da cociña suxi xaponesa, de Chile e do sur de España. Na cociña asiática considérase un alimento afrodisíaco. Karasumi (カラスミ, 鱲子) – É unha especialidade de Nagasaki feita con míllaras de muxo.

Irán Á parte do a mencionado caviar, nas provincias do mar Caspio cocíñanse bastantes variedades de míllaras das máis diversas maneiras.

Sinónimos Bragada.bragada, 2ª acep. no Dicionario da RAG. Bragal. Ova. En gastronomía denomínase coral.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas míllara en DIGALEGO. Qué es el coral de centolla? . Los huevos o coral de la centolla son un punto clave. En ¿Centollo o centolla? Las claves para diferenciarlos y saber cuál es mejor. Aurora Segura Celma. La Vanguardia. 29-12-2021.

Categoría:Gastronomía Categoría:Termos zoolóxicos