Quercy (en occitano, Carcin), foi unha provincia de Francia durante o Antigo Réxime.

A súa capital estaba en Cahors, a antiga cidade de Cadurques ou Cadurci, que se estendía polos territorios de Souillac a Montauban, pasando por Figeac.Quercy na Enciclopedia Británica.

Xeografía Corresponde aproximadamente ao departamento de Lot, na época da súa creación no ano 1789, até que unha parte importante de Quercy foi separada deste departamento, pasando a formar parte do de Tarn-et-Garonne en 1808, ano en que se creou este último.

Quercy corresponde ao territorio ocupado pola poboación gala dos cadurques, é dicir a civitas galo-romana, cuxos límites foron adoptados polas dioceseis, en Cahors, como en todas as cidades antigas, e despois pola República Francesa, ao establecer os seus departamentos a partir de 1789.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lot Corrèze

Categoría:Provincias do Reino de Francia