Helsingborg é un municipio sueco (kommun) do condado de Escania. Anteriormente pertencía ao desaparecido condado de Malmöhus. A súa capital é a cidade de Helsingborg. O concello é o oitavo con máis poboación de Suecia, con 152 091 habitantes en decembro do ano 2024.
Xeografía O municipio está no noroeste do landskap de Skåne e ten ao Öresund ao oeste. O concello de Helsingborg limita ao norte co de Höganäs, ao nordés cos de Ängelholm e Åstorp, ao leste cos de Bjuv e Svalöv, e ao sur co Landskrona. Ao outro lado do Öresund atópanse os concellos dinamarqueses de Fredensborg e Helsingør.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania