Serena Maria Auñón-Chancellor, nada en Indianapolis o 9 de abril de 1976, é unha astronauta estadounidense que formou parte da misión Soiuz MS-09 e foi membro das expedicións 56 e 57 á Estación Espacial Internacional.
Traxectoria Auñón graduouse en enxeñaría eléctrica na Universidade George Washington de Washington, D.C., en 1997 e ten un doutoramento en medicina pola Universidade de Texas en Houston en 2001. Foi seleccionada como candidata a astronauta pola NASA en xullo de 2009, graduándose en novembro de 2011. Participou na misión Soiuz MS-09 e foi membro das expedicións 56 e 57 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 196,74 días no espazo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Soiuz MS-09 Expedición 56 Expedición 57 Estación Espacial Internacional
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1976 Categoría:Nados en Indiana