miniatura|250px|Argopecten gibbus miniatura|250px|Argopecten irradians Argopecten é un xénero de moluscos bivalvos mariños da orde dos ostreidos, superfamilia dos pectinoideos, familia dos pectínidos, subfamilia dos pectininos e tribo dos equipectininos.Argopecten Monterosato, 1889 no WoRMS. Consultado o 29 de agosto de 2022.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1889 polo malacólogo italiano Tommaso Di Maria Monterosato, no seu traballo: Monterosato, T. A. di M. (1889): "Coquilles marines marocaines". Journal de Conchyliologie 37 (1): 20-40.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Agropecten [sic] (erro ortográfico) Chlamys (Argopecten) Monterosato, 1889 Pecten (Plagioctenium) Dall, 1898 Plagioctenium Dall, 1898
Especies Na actualidade dentro do xénero recoñécense as especies seguintes: Argopecten gibbus (Linnaeus, 1758) Argopecten irradians (Lamarck, 1819)Argopecten lineolaris (Lamarck, 1819)Argopecten noronhensis (E. A. Smith, 1885)Argopecten nucleus (Born, 1778)Argopecten purpuratus (Lamarck, 1819)Argopecten sugillatus (Reeve, 1852)Argopecten ventricosus (G. B. Sowerby II, 1842)
Características As especies de Argopecten'' teñen unha cuncha formada por dúas valvas circulares, cunha soa impresión muscular ben desenvolvida.
Ambas as valvas son grosas e están ben calcificadas, non son simétricas e presentan os bordos denticulados e as costelas dorsais moi marcadas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Ostreidos Pectinoideos Pectínidos Pectininos Equipectininos
Categoría:Pectínidos