Tommaso di Maria Monterosato, marqués de Monterosato, nado en Palermo o 27 de xuño de 1841 e finado na mesma cidade o 1 de marzo de 1927, foi un malacólogo italiano.

Traxectoria Monterosato foi un distinguido estudoso dos moluscos do Mediterráneo, apreciado polos estudosos da malacoloxía de todo o mundo. Dada a súa reticencia á investigación de campo, recolleu unha cantidade considerable de exemplares para ser estudados en colaboración con outros estudosos. Durante as súas moitas viaxes por Italia e polo estranxeiro, mantivo moitos contactos con famosos malacólogos. A súa produción científica foi de considárabel importancia. Describiu numerosas especies novas, enumerou as cunchas mediterráneas e estudou os fósiles do monte Pellegrino.Monterosato, Tommaso di Maria Allery en Shellers From the Past and the Present.

En 1893 foi nomeado membro de Malacological Society of London.

Segundo o Rexistro Mundial de Especies Mariñas (WoRMS) nomeou 345 especies mariñas, moitas das cales hoxe son sinónimos.

Abreviatura A abreviatura Monterosato emprégase para recoñecer a Tommaso di Maria Monterosato como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas

Véxase tamén Liagazóns externas Reference summary for Monterosato, T. A. di 1874.

Categoría:Científicos de Italia Categoría:Nobres de Italia Categoría:Malacólogos de Italia Categoría:Nados en Palermo Categoría:Nados en 1841 Categoría:Finados en 1927