Xogo de asasinos (en ) é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Joe Carnahan e escrito por Kurt McLeod e Carnahan. Baséase nunha historia de McLeod e Mark Williams. Está protagonizado por Gerard Butler, Frank Grillo e Alexis Louder, e está ambientada nunha comisaría dunha pequena cidade que se converte no campo de batalla entre un sicario, un policía novato e un estafador.

Copshop estreouse no Reino Unido o 10 de setembro de 2021 por STXfilms, e nos Estados Unidos o 17 de setembro de 2021 por Open Road Films. Recibiu valoracións xeralmente positivas da crítica. Estreouse en Amazon Prime Video o 18 de agosto de 2022, onde conta con opción dobrada e subtitulada en galego.

Personaxes Gerard Butler como Bob Viddick Frank Grillo como Teddy Murretto Alexis Louder como Valerie Young Toby Huss como Anthony Lamb Chad L. Coleman como Duane Mitchell Ryan O'Nan como oficial Huber Jose Pablo Cantillo como oficial Pena Kaiwi Lyman como oficial Barnes Robert Walker-Branchaud como oficial Kimball Tracey Bonner como detective Deena Schier Christopher Michael Holley como oficial Ruby Marshall Cook como Brad Keith Jardine como Trooper

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joe Carnahan Categoría:Filmes de Open Road Films Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes rodados en Atlanta Categoría:Filmes de 2021 con versión en galego