Manuel Fernández Guitián, coñecido como Sacristán, nado en Proendos (Sober) cara a 1895, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria Mecánico. Veciño de Vilaescura. Foi detido como presunto autor de disparos a un garda civil en decembro de 1934;El Pueblo Gallego, 3-1-1935, p. 10. acusado de insulto á forza armada, foi xulgado en consello de guerra en Lugo o 27 de setembro de 1935.Alborada, 28-8-1935, p. 9. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 28 de xullo. Preso no cárcere de Monforte, saíu en liberdade o 17 de outubro de 1938.

Foi enlace da guerrilla de Xosé Castro Veiga. Reclamado polo xuíz militar de Lugo en marzo de 1953 pola causa 151/52.BOP Lugo, 26-3-1953, p. 4. Foi detido en xaneiro de 1955 acusado de tenencia ilícita de armas, auxilio a bandoleiros e falsificación de selos; en marzo do mesmo ano detiveron aos seus fillos Ramón e Jaime. Foron xulgados en Lugo o 23 de novembro de 1955.El Progreso, 24-11-1955, p. 2.

Vida persoal

Casou con Ascensión Vázquez e foi pai de Ramón e Jaime Fernández Vázquez. Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Guerrilleiros antifranquistas de Galicia Categoría:Nados en Sober Categoría:Nados en 1895