The Lincoln Lawyer é unha serie de televisión estadounidense creada por David E. Kelley e desenvolvida por Ted Humphrey. Está baseada na novela de 2008 The Brass Verdict de Michael Connelly, unha secuela da novela The Lincoln Lawyer. Está protagonizada por Manuel Garcia-Rulfo como Mickey Haller, un avogado defensor dos Ánxeles. Neve Campbell, Becki Newton, Jazz Raycole, Angus Sampson e Christopher Gorham compoñen o resto do elenco.

Estreouse en Netflix o 13 de maio de 2022, onde conta con opción de subtitulado en galego. Foi traducido por Bruno Martínez Pita.

Personaxes Manuel Garcia-Rulfo como Mickey Haller Neve Campbell como Maggie McPherson Becki Newton como Lorna Crain Jazz Raycole como Izzy Letts Angus Sampson como Cisco Christopher Gorham como Trevor Elliott

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión iniciadas en 2022 Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Series de televisión con versión galega