O pilro acuminado (Calidris acuminata) é unha especie de ave da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos, unha das 24 integradas no xénero Calidris.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1821 polo médico e naturalista estadounidense Thomas Horsfield, baixo o nome de Totanus acuminatus,Calidris acuminata (Horsfield, 1821) no GBIF. Consultado o 2 de setembro de 2021.Calidris acuminata (Horsfield, 1821) na BioLib. Consultado o 2 de setembro de 2021. na páxina 192 do seu traballo publicado en Trans. Linn. Soc. London 1 (13).
Etimoloxías Para a do xénero, ver Calidris.
O epíteto específico, acuminata, está tirado do adxectivo latino acūminātus, -a, -um, derivado do nome acūmen, -inis, "punta (da espada)", lanza, estilete,acuminate no Merriam-Webster Dictionary.Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 31. seguramente en alusión ao seu estreito bico rematado en punta.
Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Totanus acuminatus Horsfield, 1821 Tringa australis Jardine & Selby, 1830 Limnocinclus acuminatus rufescens Mathews, 1916
Características Medidas:Calidris acuminata en oiseaux.net .
Tamaño: 22 cm Peso: 39-114 g Envergadura: 36–43 cm
Os adultos reprodutores son de cor marrón cos centros das plumas máis escuros por riba e brancos por abaixo. Teñen unha lixeira liña superciliar por riba do ollo e unha coroa de castaña. No inverno, grises arriba. Os xuvenís teñen un debuxo brillante na parte superior con cor avermellada e raias brancas no lombo.
Esta especie parécese moito a Calidris melanotos, dentro de cuxa área de distribución asiática cría. Diferénciase desta especie polo seu patrón de coloración no peito, a liña superciliar máis forte e a coroa máis avermellada. Ten tamén algunhas semellanzas con Calidris subminuta, pero é moito máis grande.
Hábitat e distribución O pilro acuminado cría na tundra pantanosa do nordeste asiático e é extraordinariamente migratoria, invernando no sueste asiático e Australasia. Aparece como un raro migrante de outono en Norteamérica, pero no oeste de Europa só aparece como un divagante moi raro. Hai un único rexistro documentado en América do Sur.
Bioloxía miniatura|260px|Manda en voo en Victoria, Australia miniatura|260px|Buscando alimento en Taiwán.
Cría Pouco se sabe dos hábitos reprodutivos desta especie, aínda que aniña no chan, e o macho ten un voo de exhibición.
Alimentación Estas aves aliméntanse en prados e lameiros, como o Calidris melanotos, collendo alimentos coa vista, e ás veces sondando. Comen principalmente insectos e outros invertebrados.
Ameazas Na súa área de invernada en Australia, a principal ameaza é a seca (Clemens 2017), cuxa frecuencia e gravidade se prevé que aumenten a medida que o clima cambie (polo actual cambio climático).Evans, J. P., Argueso, D., Olson, R. & Di Luca, A. (2017): "Bias-corrected regional climate projections of extreme rainfall in south-east Australia". Theoretical and Applied Climatology 130: 1085-1098. Noutros lugares, as principais ameazas son os cambios nas costas, en particular ao longo do mar Amarelo, onde se está producindo un rápido desenvolvemento da acuicultura e da industria, a invasión de Sporobolus alterniflorus (Loisel.) [antes, Spartina alterniflora Loisel.], unha gramínea perenne caducifolia que se acha en áreas inundadas intermareais, especialmente estuarios e lagoas salobres), a contaminación por vertidos domésticos, industriais e acuícolas, petróleo e pesticidas, e a caza e o afogamento incidental de espécimes en redes de pesca e nasas. A área do seu hábitat tamén se está reducindo debido a unha combinación de fluxo restrinxido de sedimentos procedentes de ríos cada vez máis embalsados,Melville, D. S.; Chen, Y. & Ma, Z. (2016): "Shorebirds along the Yellow Sea coast of China face an uncertain future – a review of threats". Emu 116: 100-110.Murray, N. J., Clemens, R. S., Phinn, S. R., Possingham, H. P. & Fuller, R. A. (2014): "Tracking the rapid loss of tidal wetlands in the Yellow Sea". Frontiers in Ecology and the Environment 12: 267-272. e o aumento do nivel do mar en moitos sitios que impiden a migración do hábitat axeitado cara ao interior. Non se sabe ben como xestionar estas ameazas, mentres que hai limitados intentos de implementar o coñecemento de xestión dispoñible. A China tivo unha gran recuperación a principios de 2018, e a creación de santuarios de aves migratorias ao longo da costa do mar Amarelo e do golfo de Bohai como Patrimonio da Humanidade da UNESCO,Melville, D. S. (2018): "China's coasts – a time for cautious optimism". Wader Study 125: 1-3. debería reducir algúns riscos, aínda que os principais obstáculos políticos, sociais e económicos permanecen.
Estado de conservación Segundo datos tirados de Australia, estímase que esta especie está a sufrir un rápido descenso de poboación (aproximadamente do 45 % durante tres xeracións) debido á degradación do hábitat, á contaminación e ao cambio climático. Polo tanto, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN) avalía o status sa especie como VU (vulnerable).BirdLife International (2022): Calidris acuminata na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 1 de setembro de 2022.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo J., Elliott A. & Sargatal J. (1996): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. BirdLife International, Cambridge, Reino Unido e Lynx Edicions, Barcelona. España. ISBN 978-8487-334-20-7. Richad (2006): A Complete Guide to Arctic Wildlife. Londres: Christopher Helm. ISBN 0-7136-7039-8. Taylor D. (2006): Guide des limicoles d'Europe, d'Asie et d'Amérique du Nord. París: Delachaux & Niestlé. ISBN 978-2-6030-1408-0.
Outros artigos Caradriformes Escolopácidos Calidris
Categoría:Escolopácidos