Spyker F1 Team, Spyker F1 ou simplemente Spyker foi unha escudería de Fórmula 1 propiedade de Spyker Cars, creada en setembro de 2006 tras mercar Midland F1. Debutou na tempada de 2007 baixo bandeira holandesa.
Con base en Silverstone, no Reino Unido, herdou as súas instalacións de Midland, que á súa vez as herdara de Jordan. O seu Xefe de Equipo foi Colin Kolles, mentres que o Director Técnico era Mark Gascoyne.
En outubro de 2007, a escudería vendeuse a un consorcio formado por Michiel Mol e mais por Vijay Mallya que crearon un novo equipo chamado Force India F1 Force India F1, novo nome para Spyker en 2008, en gpupdate.net , sendo así ese ano o único que competiu na máxima categoría do automobilismo.
Historia
A compra de Midland
Os rumores de venda, que xurdiran dende poucos meses após Shnaider mercara Jordan, volveron de novo a mediados da tempada de 2006 , esta vez traídos polos medios holandeses . Falábase dun prezo de compra de 128 millóns de dólares Outro equipo de Fórmula 1 á venda?, en manipef1.com , debido a que tralo anuncio do ingreso de Prodrive para o 2008 pecháronse tódalas posibilidades de entrada de novas escuderías na categoría , sendo 12 o número máximo de participantes por mor da configuración dos boxes dos circuítos , feitos con ese número de garaxes. Isto fixo que o prezo de mercado de cada equipo aumentara .
O 10 de setembro, anunciouse oficialmente a venda da escudería a Spyker Cars Oficial: MF1 Racing vendido a Spyker, en f1racing.net, unha empresa holandesa fabricante de coches, pola cantidade de 106.6 millóns de dólares .
Este acordo, a falta de tres carreiras, tivo unhas consecuencias inmediatas : cambiouse a estrutura directiva do equipo, xa que aínda que Colin Kolles seguiu a se-lo Xefe de Equipo e Michiel Mol pasou a se-lo Director da Sección de Fórmula 1 de Spyker, ocupando un posto directivo tanto na escudería como no fabricante de coches . Ademais, a escudería pasou a competir baixo bandeira holandesa, o pavillón de Spyker, e os coches cambiaron a súa decoración, pasando a ser laranxa, prateada e branca. Por outra parte, xa que as normas da FIA prohiben un cambio de nome en metade da tempada a non ser que haxa un acordo entre tódolos equipos , non foi posible chamarlle á escudería directamente Spyker F1, senón que houbo que atopar unha solución intermedia, a introdución do nome do fabricante dos Países Baixos como patrocinador, sendo finalmente Spyker Midland F1 Racing. 300px|esquerda|miniatura|Christijan Albers a bordo do Spyker Midland M16 en setembro de 2006. O remate da tempada de 2006 traería consigo polo tanto o fin de Spyker Midland, que pasaría a renomearse como Spyker F1.
A tempada de 2007
Na tempada de 2007, o Spyker F8-VII levou motores Ferrari 057, tal e como se anunciou o 30 de setembro de 2006 Spyker asina acordo de motores con Ferrari, en f1racing.net e pneumáticos Bridgestone.
No que ó corpo directivo se refire, no Gran Premio da China de 2006 anunciouse que Collin Kolles continuaba como Xefe de Equipo, mentres que Michiel Mol convertíase no Director de F1 de Spyker Cars, con asento na xunta directiva do fabricante holandés. Ademais, Mike Gascoyne é o novo Director Técnico Gascoyne será Director Técnico de Spyker F1, en f1racing.net dende o final da tempada dese ano.
En canto ós pilotos, foi fichado Christijan Albers Albers renova con Spyker para 2007, en f1racing.net, e aínda que Christian Klien confirmou que as negociacións coa escudería holandesa para ocupar o posto de segundo piloto titular estaban moi avanzadas Kilen a piques de asinar con Spyker, en f1racing.net, non remataron por cristalizar, sendo anunciado para ese posto o alemán Adrian Sutil, que debutaba así na categoría Spyker ficha a Sutil como piloto oficial. Os probadores foron Adrián Vallés, Markus Winkelhock, Fairuz Fauzy e Giuedo Van Der Garde.
Precisamente a fichaxe do piloto neerlandés Van Der Garde como probador provocaría a unha polémica forte con Super Aguri, que incluso ameazou con iniciar accións legais pois este condutor xa tiña un contrato asinado para o 2007 coa escudería xaponesa Super Aguri tomará accións legais contra Spyker . Outra polémica a principios desta tempada foi a que existiu ó redor dos deseños dos monoprazas de Super Aguri e de Scuderia Toro Rosso, xa que Spyker acusábaos de copia-los deseños de Honda e de Red Bull Racing do ano anterior , non cumprindo así coa regulación sobre dereitos de propiedade intelectual vixente Spyker, preparado para denuncia-lo fraude .
Trala primeira metade de temporada, na que se debatían entre non remata-las carreiras ou finalizar nos derradeiros postos sendo sempre dobrados polos líderes , o 10 de xullo a escudería holandesa confirma que Christijan Albers quedaba sen asento para o que restaba de tempada Albers queda sen asento, en f1.gpudate.net . Sería Markus Winkelhock quen o substituíra para o accidentado GP de Europa, chegando a lideralo nas primeiras voltas por mor dunha intelixente elección de pneumáticos na saída . Porén, Winkelhock tampouco conservaría o seu posto, sendo contratado o xaponés Sakon Yamamoto, tal e como se fixo oficial o 26 de xullo SpykerF1 ficha a Yamamoto, en f1.gpupdate.net , debutando no GP de Hungría cunha retirada por accidente no cuarto xiro.
O 21 de agosto, o xornal holandés AD publicaba que o piloto español Roldán Rodriguez firmara un contrato para Kolles nega a fichaxe de Rodríguez, en gpupdate.net , levando uns 15 millóns de dólares en patrocinadores , o que foi negado por Colin Kolles, director técnico do equipo. Porén, Rodríguez probou para Spyker no Circuíto de Silverstone o 13 de setembro Rodríguez proba para Spyker en Silverstone, en gpupdate.net , e era contratado como probador para os adestramentos libres de inverno unha semana despois Spyker ficha a Rodríguez para tests de inverno, en gpupdate.net . Por outro lado, o 26 de setembro, o piloto indio Narain Karthikeyan anunciaba que estaba a entrar en negociacións con Spyker para a tempada de 2008 Karthikeyan negocia con Spyker para 2008, en gpupdate.net . miniatura|dereita|300px|Christijan Albers durante o Gran Premio de Bahrain de 2007. Pero malas novas para a escudería dos Países Baixos chegaban na derradeira semana de agosto de dous frontes diferentes: no deportivo, o día 23 sabíase que a evolución B-Spec do Spyker F8-VIII non era capaz de pasa-lo crash test da FIA de colisión traseira , polo que non puido debutar no GP de Turquía, como estaba previsto Spyker retrasa debut do B-Spec en gpupdate.net . E no fronte financeiro, o día 28, de novo o xornal AD publicaba que a empresa de seguros Zurich e un particular presentaron unha demanda de quebra nun tribunal de Maastricht, Países Baixos, reclamando ámbalas dúas partes unha débeda de 300.000 euros Dúas empresas demandan a Spyker, en gpupdate.net , nova á que a escudería amosábase "sorprendida" Spyker, sorprendido con historia de quebra, en gpupdate.net , recoñecendo problemas coa aseguradora por mor, en palabras dun portavoz do equipo, dunha "factura moito máis elevada do que esperaban", e asegurando que "non tiñan nin idea" de quen podía se-lo particular.
No GP do Xapón, Adrian Sutil conseguía o que era tanto o seu primeiro punto en Fórmula 1 como o da escudería, cando o piloto de Scuderia Toro Rosso Vitantonio Liuzzi, que rematara oitavo, era penalizado con 25 segundos engadidos ó tempo final de carreira por adiantar ó propio Sutil baixo bandeiras amarelas , deixándolle así o seu posto na clasificación final ó alemán, que rematara noveno Spyker e Sutil estrean palmarés na F1, en gpupdate.net .
A venda de Spyker F1
O 14 de agosto, Spyker Cars anunciaba a intención de vende-lo seu equipo de Fórmula 1, como parte dunha estratexia de refinanciamento do equipo, que inclúe a separación da súa casa nai Syker considera vender o seu equipo de F1, en gpupdate.net . Esta intención confirmábase o 1 de setembro, cando é confirmada que unha oferta de 88 millóns de euros Spyker completa venta do equipo de F1, en gpudate.net por parte do consorcio Orange India Holdings Sarl, formado por Michiel Mol e Vijay Mallya, era aceptada por Spyker Cars Mol e Mallya mercan Skyper F1, en gpupdate.net . A transferencia do equipo foi feita o día 5 de outubro, e o 20 de outubro, durante o GP do Brasil, anunciábase que o nome do novo equipo será Force India F1.
Aínda non se fixo pública a estrutura directiva que terá a nova escudería, que será a terceira que terá a súa base nas antigas instalacións de Jordan Grand Prix en tres anos.
Resultados completos en Fórmula 1
(Lenda) (Os resultados en letra grosa indican que o piloto acadou a pole position) Ano Chasis Motor Rodas Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 2007(1 pto, 10º) F8-VII Ferrari 057 AUS MAL BAH ESP MON CAN USA FRA RU EUR HUN TUR ITA BEL XPN CHN BRA Adrian Sutil 17 Ret 15 13 Ret Ret 14 17 Ret Ret 17 21 19 14 8 Ret RetChristijan Albers Ret Ret 14 14 19 Ret 15 Ret 15Markus Winkelhock RetSakon Yamamoto Ret 20 20 17 12 17 Ret
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Web oficial de Spyker F1 Páxina web dos seareiros de Spyker F1 Web oficial de Spyker Cars
Categoría:Spyker F1