Pablo Jean-Antoine Martinez Espeisse, nado en Orange, Vaucluse, o 21 de febreiro de 1989, é un futbolista francés, de ascendencia española, que xoga de defensa no Nîmes, do Championnat National 2. Vestiu as camisetas de varios clubs franceses, cos que militou nas cinco principais categorías do seu país, e pasou tamén polo Mallorca B e o Deportivo da Coruña, acumulando un total de sete ascensos de categoría ao longo da súa carreira. Disputou 126 encontros na Ligue 1, máxima categoría do fútbol francés.
Traxectoria
Comezos De ascendencia española por parte de seu pai, con orixes en Alacant, naceu na vila de Martigues, no departamento francés de Vaucluse. Formouse como futbolista na canteira do Nîmes e en 2007 recalou en España para xogar co Mallorca B na Terceira División. Tras dúas campañas no club balear e un ascenso a Segunda B, aos 20 anos regresou a Francia e xogou unha tempada no ES Uzès (2009/10), logrando un novo ascenso, ata a cuarta categoría do fútbol francés (CFA). A continuación fichou polo FC Martigues, no que militou un ano (2010/11), conseguindo ascender ao Championnat National.
En 2011 regresou ao ES Uzès e obtivo o seu cuarto ascenso consecutivo, tamén ao Championnat National (terceira categoría do país). Debutou na categoría na campaña seguinte, disputando 32 encontros.
Gazélec Ajaccio En xuño de 2013 fichou polo Gazélec Ajaccio, tamén do Championnat National. Titular indiscutible na defensa do equipo durante os seguintes anos, logrou o ascenso na súa primeira campaña, despois de quedar terceiro na clasificación e de que o Luzenac AP, segundo clasificado, non cumprise os requisitos para ascender. Debutou na Ligue 2 o 1 de agosto de 2014, nunha vitoria por 2-0 sobre o Valenciennes. Na súa segunda tempada co club de Ajaccio conseguiu un segundo ascenso consecutivo, ao acabar o equipo na segunda posición, só por detrás do Troyes.
Debutou na Ligue 1 na primeira xornada da tempada 2015/16, ante o propio Troyes. Perdeu varias xornadas por lesión e rematou con 28 partidos a súa primeira tempada na elite, na que tres derrotas nos tres últimos encontros condenaron o Gazélec Ajaccio ao descenso. Pechou o seu paso polo club con 100 partidos oficiais e un gol.
Angers En xuño de 2016 fichou polo Angers, tamén da máxima categoría, club no que militou durante unha tempada.
Racing de Strasbourg Nas seguintes dúas campañas xogou no Racing Club de Strasbourg, co que se proclamou campión da Copa da Liga de Francia na tempada 2018/19.
Nîmes (2ª etapa) Para a tempada 2019/20 regresou ao Nîmes. Militou no club occitano durante tres anos, o último deles na Ligue 2, despois de descender na 2020/21. Xogou co Nîmes un total de 65 encontros oficiais, nos que marcou 2 goles.
Durante a súa carreira disputou un total de 126 encontros na Ligue 1, 120 deles como titular, nos que marcou 5 goles e repartiu 6 asistencias.
Deportivo da Coruña O 1 de setembro de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña da Primeira División RFEF. Non tivo minutos nos primeiros partidos da tempada, ante a dupla de centrais titulares formada por Jaime e Lapeña, e tivo que esperar ata o 28 de setembro para debutar co club galego, xogando de titular ante o Talavera en Riazor. Co paso das xornadas acabou por converterse nun titular indiscutible e no mellor defensor do equipo, xogando de central e en ocasións de lateral esquerdo. Disputou un total de 30 partidos na súa primeira tempada en Galicia, 29 deles como titular, e participou co equipo na frustrada promoción de ascenso, caendo ante o Castellón.
Convertido nun dos xogadores máis queridos pola afección, na tempada 2023/24 pasou a ser un dos capitáns do equipo e continuou como titular habitual no centro da defensa do club coruñés, pero formando parella xa con Pablo Vázquez. O equipo adestrado por Idiakez proclamouse campión da categoría e conseguiu así o ascenso, o sétimo na carreira de Pablo Martinez. Na seguinte tempada perdeu a titularidade en favor de Dani Barcia despois duns malos partidos no treito inicial da competición. Con todo, as ausencias de Barcia por lesión devolvérono ao once inicial, e callou boas actuacións no inicio da segunda volta. De todos os xeitos, o seu rendemento xeral estivo lonxe do que amosara nas dúas campañas anteriores, e en maio de 2025 anunciouse que esa sería a súa última tempada no club.
Disputou o seu 95º e último encontro coa camiseta do Deportivo na derradeira xornada da tempada 2024/25, contra o Elche. Aliñado como titular por Óscar Gilsanz, foi substituído no minuto 73, momento no que recibiu unha forte ovación dos seareiros de Riazor.
Nîmes (3ª etapa) Trala súa saída do Deportivo regresou ao seu primeiro club, o Nîmes, que agora milita no Championnat National 2, cuarta categoría do fútbol francés.
Palmarés Mallorca Terceira División (1): 2008/09.
ES Pays d'Uzès CFA (1): 2011/12.
Racing de Estrasburgo Copa da Liga (1): 2018/19.
Deportivo da Coruña Primeira Federación (1): 2023/24.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopaOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda B, final de campións de Primeira Federación e Copa da Liga de Francia.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesMallorca B2007/08Terceira?? - - - -??2008/09Terceira40 - -2060Total club40002060Uzès2009/10National 3?? ? ? ? ???Martigues2010/11National 260 - - - -60Uzès2011/12National 2311-- - -3112012/13National321-- - -321Total club63+2000063+2Gazélec Ajaccio2013/14National310 - -103202014/15Ligue 235110203812015/16Ligue 128020 0 0300Total club94130 3 01001Angers2016/17Ligue 19030 1 0130Strasbourg2017/18Ligue 124010 0 02502018/19Ligue 132310 5 0373Total club5632050633Nîmes2019/20Ligue 126210 1 02822020/21Ligue 17000 0 0702021/22Ligue 230000 0 0300Total club6321010652Deportivo da Coruña2022/231ª Federación30000 2 03202023/241ª Federación31320213542024/25Segunda27010 0 0280Total club8833041954Total carreira 383 11 12016 1 41112
Notas
Categoría:Nados en 1989 Categoría:Nados no departamento de Vaucluse Categoría:Futbolistas de Francia Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Angers SCO Categoría:Xogadores do RC Strasbourg Categoría:Xogadores do Nîmes Olympique Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña