Georgi Timofeievich Beregovoi, nado en Fedorovka, Poltava, o 15 de abril de 1921 e finado o 30 de xuño de 1995, foi un cosmonauta soviético que formou parte da misión Soiuz 3.

Traxectoria Beregovoi graduouse na Escola Superior da Forza Aérea, voando en 185 misións de combate durante a segunda guerra mundial. Doutorouse en física en 1975. Completou o seu adestramento para ser cosmonauta o 21 de xaneiro de 1965, participando na misión Soiuz 3 e pasando un total de 3,95 días no espazo. Entre 1972 e 1986 foi director do Centro de Adestramento de Cosmonautas e entre 1982 e 1987, do TsPK. Finou o 30 de xuño de 1995 en Moscova.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Soiuz 3

Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1995 Categoría:Nados na rexión de Poltava