Valentin Vasiliievich Bondarenko, nado en Khárkiv (Ucraína) o 16 de febreiro de 1937 e finado en Moscova o 23 de marzo de 1961, foi un cosmonauta soviético que faleceu durante o seu adestramento.
Traxectoria Bondarenko graduouse na Escola Superior da Forza Aérea, comezando o seu adestramento como cosmonauta en abril de 1960. Durante unha das probas, consistente nun simulador dunha nave espacial usando unha atmosfera de oxíxeno puro, declarouse un incendio no que Bondarenko resultou morto. A experiencia cambiou o deseño das futuras naves espaciais soviéticas, que pasaron a usar aire en lugar de oxíxeno puro. Un cráter da Lúa leva o nome de Bondarenko no seu honor.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Astronautas da Unión Soviética Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 1961 Categoría:Nados en Khárkiv Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Finados na exploración espacial