A Pena de Proendos é un lugar da parroquia de Proendos no concello lugués de Sober na comarca de Terra de Lemos. Segundo o IGE, en 2023 tiña 30 habitantes (12 homes e 18 mulleres). A Pena de Proendos ten dous lugares, A Pena de Arriba e a Pena de Abaixo. Ó pe da estrada, atópase un cruceiro, orientado a nacente e a poñente.

Toponimia En canto a toponimia, Pena, o substantivo feminino indica, como se recolle na Real Academia Galega, "pedra de gran tamaño que sobresae na terra de forma natural", polo que A Pena de Proendos é o lugar da parroquia de Proendos que se caracteriza por ter grandes pedras que sobresaen de forma natural na terra.

Lugares e parroquias Lugares de Proendos

Parroquias de Sober

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Sober

Categoría:Lugares de Sober