Constantino Antonio Bao Arias, nado en Becerreá cara a 1894 e finado no mesmo concello o 22 de maio de 1981, foi un veterinario e político galego.
Traxectoria Aprobou as oposicións de inspectores hixienistas de matadoiros industriais en 1931.La Voz de Galicia, 10-2-1931, p. 9. Na República foi veterinario de Becerreá e inspector de hixiene e sanidade pecuaria do concello das Nogais, cargo do que foi cesado o 5 de outubro.BOP Lugo, 19-10-1936, p. 2. Foi nomeado veterinario interino de Lugo o 20 de abril de 1936.BOP Lugo, 2-5-1936, p. 6. Foi presidente de Izquierda Republicana de Becerreá en 1936.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e estivo agochado en varias casas de toda a provincia de Lugo. Foi detido o 18 de novembro de 1937 e ingresado no cárcere de Lugo. Saíu en liberdade o 20 de decembro. Foi confinado en Monterroso por tres meses en xullo de 1943 por "facer campaña solapada contra o Réxime dedicándose á murmuración contra personalidades que o serven" xunto con Antonio Mourín Martínez, Ángel Yáñez Núñez e Jaime Pardo Gómez.El Progreso, 11-7-1943, p. 2. Volveu exercer como veterinario en Becerreá e foi inspector municipal veterinario. Finou en Becerreá o 22 de maio de 1981.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 23-5-1981, p. 63.
Vida persoal
Casou con Mercedes Fernández Poy, que finou en 1951, e foi pai de Ricardo, Antonio, Ovidio e Mercedes Bao Fernández.El Progreso,6-9-1951, p. 3. Notas
Véxase tamén Bibliografía XVIII Congreso Nacional IX Congreso Iberoamericano de Historia de la Veterinaria
Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo
Categoría:Veterinarios de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1981