Hässleholm ké un concello sueco (kommun) do condado de Escania. A súa capital é Hässleholm. No ano 2022 o concello tiña unha poboación de 52 470 habitantes.
O municipio limita cos concellos de Perstorp, Örkelljunga, Markaryd, Osby, Östra Göinge, Kristianstad, Hörby, Höör e Klippan. Hässleholm é o concello máis grande de Escania en termos de superficie.
Administración histórica A área do concello correspóndese á das parroquias de Brönnestad, Farstorp, Finja, Gumlösa, Häglinge, Hästveda, Hörja, Ignaberga, Matteröd, Norra Mellby, Norra Sandby, Norra Åkarp, Nävlinge, Röke, Stoby, Sörby, Vankiva, Verum, Vinslöv, Vittsjö e Västra Torup. Nelas fundáronse concellos rurais co mesmo nome durante a reforma municipal de 1862.
A localidade municipal de Hässleholm estableceuse o 22 de xaneiro de 1887, disolvéndose cando en 1901 transformouse no köping de Hässleholm, que á súa vez transformouse en 1914 na cidade de Hässleholm. A localidade municipal de Vinslöv estableceuse o 30 de decembro de 1898 e disolveuse a finais de 1933, transformándose no köping de Vinslöv. Na zona tamén existiron as localidades municipais de Hästveda dende o 11 de marzo de 1887 ata finais de 1959, de Sösdala dende o 17 de febreiro de 1893 ata finais de 1966, de Bjärnum dende o 16 de agosto de 1918 ata finais de 1958, e Tyringe dende o 2 de novembro de 1928 ata finais de 1970.
Coa reforma municipal de 1952 fundáronse os grandes concellos de Bjärnum (a partir dos concellos de Norra Åkarp e Vankiva) Hästveda (de Farstorp e Hästveda), Stoby (de Norra Sandby, Ignaberga e Stoby), Sösdala (de Brönnestad, Häglinge, Norra Mellby e Tjörnarp), Tyringe (de Finja, Hörja, Matteröd, Röke e Västra Torup, Vinslöv (de Gumlösa, Nävlinge, Sörby e Vinslöv), e Vittsjö (de Verum, Vittsjö e Visseltofta),mentres que a cidade de Hässleholm e o köping de Vinslöv permaneceron sen cambios.
O concello de Hässleholm fundouse coa reforma municipal de 1971 a partir da cidade de Hässleholm e do concello rural de Stoby. Ao mesmo tempo naceu o concello central de Vinslöv a partir do köping de Vinlöv. Este, xunto cos concellos de Bjärnum, Hästveda, Sösdala, Tyringe, Vinslöv e Vittsjö, incorporouse en 1974 ao concello de Hässleholm sen a parroquia de Visseltofta, en Vittsjö, que pasou a formar parte do concello de Osby.
O municipio pertence dende a súa fundación ao partido xudicial de Hässleholm.
Notas
Categoría:Concellos de Suecia Categoría:Condado de Escania