Jesús Rodríguez Pérez, finado en Becerreá o 9 de maio de 1965, foi un comerciante e político galego.
Traxectoria Comerciante de Becerreá. Foi concelleiro de Becerreá e primeiro tenente alcalde en 1920, sendo alcalde Emilio Prieto Saavedra,BOP Lugo, 17-5-1920, p. 2. ao que sucedeu como alcalde en 1922.BOP Lugo, 27-5-1922, p. 1. Foi cesado como alcalde por Real Orde do Ministerio de Gobernación a finais de xullo de 1923, nomeándo no seu lugar a Jesús López Calixto.El Progreso, 2-8-1923, p. 2. Na Segunda República foi alcalde de Becerreá en 1934.BOP Lugo, 6-2-1934, p. 1. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado presidente da comisión xestora de Becerreá en decembro de 1936,La Voz de Galicia, 3-12-1936, p. 5. cesando en 1939. Volveu ser alcalde en 1954, permanecendo no cargo ata 1958. Finou en Becerreá o 9 de maio de 1965.Necrolóxica en El Progreso, 11-5-1965, p. 7.
Vida persoal
Casou con María Ferreiro Berrón e foi pai de María del Carmén, Jesús, Horacio e César Rodríguez Ferreiro.
Notas
Categoría:Alcaldes de Becerreá Categoría:Alcaldes de Galicia durante a Restauración Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1965