As linguas saharianas son unha pequena familia de linguas faladas no Sáhara oriental, dende o noroeste de Darfur até o sur de Libia, norte e centro do Chad, o leste de Níxer e nordeste de Nixeria. Entre as linguas saharianas, salientan polo seu número de falantes o kanuri (4 millóns de falantes, arredor do lago Chad, no Chad, Nixeria, Níxer e o Camerún), o daza (330 000 falantes no Chad), o teda (49 000 falantes no norte do Chad) e o zaghawa (170 000 falantes no leste do Chad e Darfur). Forman parte da familia proposta nilo-sahariana.

No ano 2007, Václav Blažek compilou unha lista de palabras comparativas das linguas saharianas.Blažek, Václav. 2007. On application of glottochronology for Saharan languages.

Clasificación interna thumb|350px|Clasificación de Václav Blažek de 2007 das linguas saharianas.

Notas

Categoría:Familias de linguas