Non confundir con Escandinavia, Países nórdicos, Europa do Norte.

Fenoscandia ou Fenoescandinavia son termos xeográficos e xeolóxicos utilizados para describir a península composta polo conxunto da península Escandinava, a península de Kola, Carelia e Finlandia no norte de Europa.

Xeoloxicamente, o termo tamén alude ao escudo Báltico, que comprende Noruega, Suecia, Finlandia e parte de Rusia (óblast de Murmansk, parte da República de Carelia e o norte do óblast de San Petersburgo), que é a porción exposta da antiga placa Báltica.

O termo foi usado por primeira vez polo xeólogo finés Wilhelm Ramsay en 1898. O escudo Báltico ten máis de 3 100 millóns de anos de antigüidade.

Nun sentido cultural, Fenoscandia representa historicamente o estreito contacto entre os pobos e as culturas saami, finesa, sueca e norueguesa. A diferenza da expresión «Países nórdicos», Fenoscandia non inclúe Dinamarca, Islandia, Groenlandia, os países bálticos ou outras zonas de ultramar xeograficamente desconectadas.

A xeografía de Fenoscandia caracterízase por unha gran cantidade de lagos, fiordes e unha cordilleira erosionada que corre paralela ao mar de Noruega. O nome Fenoscandia á unha mestura dos nomes Finlandia e Escandinavia.

Véxase tamén Outros artigos Escandinavia Laponia Países nórdicos

Notas

Categoría:Penínsulas de Europa Categoría:Océano Ártico Categoría:Xeografía de Noruega Categoría:Xeografía de Suecia Categoría:Xeografía de Finlandia Categoría:Xeografía de Rusia Categoría:Mar Báltico Categoría:Escandinavia