San Xoán de Sadurnín é unha parroquia do concello de Cenlle, provincia de Ourense, situada a uns dous quilómetros de Santa María de Cenlle. Segundo o IGE en 2013 tiña 98 habitantes (47 mulleres e 51 homes) o que supón unha diminución respecto ao ano 1999 cando tiña 113 habitantes. O Curato é de segundo ascenso e provisión ordinaria.

Xeografía Situada no curso dun regato que desemboca no río Miño entre Razamonde e Trasaríz, limita con Santa María de Cenlle e o concello de Ribadavia.

Patrimonio No lugar de Sadurnín están a igrexa de San Xoán de Sadurnín e o Pazo de Sadurnín. No lugar de Saa está o Pazo de Saa.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias miniatura|As dez parroquias que conforman o concello de Cenlle. Lugares de Sadurnín

Parroquias de Cenlle

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cenlle

Categoría:Parroquias de Cenlle Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xoán