A administración descentralizada (en grego αποκεντρωμένη διοίκηση, apokendroméni diíkisi, "diocese descentralizada") é un grao da división administrativa de Grecia establecido en 2011, ao entrar en vigor o plan Calícrates. Grecia divídese en sete administracións descentralizadas que están encargadas de aplicar as políticas gobernamentais a nivel local e están conformadas polo territorio de entre unha e tres periferias.

O presidente (γενικός γραμματέας, «secretario xeral») é elixido polo Goberno central e actúa baixo as súas ordes. Cada administración posúe ademais un consello, que representa as respectivas periferias e municipios, pero é de carácter unicamente consultivo e, polo tanto, non pode tomar decisións.

A Constitución de Grecia estipula unha serie de competencias que permanecerán baixo control do Goberno central e que eran aplicadas a nivel local polas antigas periferias. Co plan Calícrates, as periferias asumiron as competencias das antigas prefecturas e convertéronse en organismos autónomos, polo que se decidiu crear unha nova división administrativa baixo o control directo do Goberno central.

+Administracións descentralizadasAdministración descentralizadaSedePeriferiasMapaÁticaAtenasÁtica240pxMacedonia-TraciaTesalónicaMacedonia Central, Macedonia Oriental e TraciaEpiro-Macedonia OccidentalIoanninaEpiro, Macedonia OccidentalTesalia-Grecia CentralLárisaTesalia, Grecia CentralPeloponeso, Grecia Occidental e XónicoPatrasPeloponeso, Grecia Occidental, Illas XónicasExeoO PireoExeo Setentrional, Exeo MeridionalCretaHeraklionCretaFonte: Creación das administracións descentralizadas - Ministerio grego de Interior

Categoría:Subdivisións de Grecia