Michael Milton Quinn, nado o 17 de decembro de 1969 en Oxford, é o baixista da banda de rock inglesa Supergrass.
Traxectoria Ao final da súa adolescencia Quinn tentou sen éxito forxar unha carreira musical. Porén, mentres traballaba nun restaurante se fixo amigo dun compañeiro, Gaz Coombes, o cal lle presentou ao seu amigo Danny Goffey, os cales viñan de deixar a banda local The Jennifers, que tivera un relativo éxito. A pesar de ser sete anos maior, Quinn e Coobes ían ao mesmo colexio (Wheatley Park) e os dous tiñan un interese común pola música. Coombes invitou a Quinn a practicar con el e máis con Goffey.
En febreiro de 1993 Quinn oficialmente uniuse á banda como baixista, mentres Goffey tocaba a batería e Coombes tocaba a guitarra e cantaba. Nacía así Theodore Supergrass, posteriormente Supergrass.
Categoría:Baixistas de Inglaterra Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Oxford