ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/Nilton_Santos_no_Flexeiras_Atl%C3%A9tico_Clube.png/240px-Nilton_Santos_no_Flexeiras_Atl%C3%A9tico_Clube.png|dereita|miniatura|282x282px| Nilton Santos (esquerda) no Flexeiras Atlético Clube en 1939. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/de/Brasil_-_1958.jpg/240px-Brasil_-_1958.jpg|miniatura|240x240px| Nilton Santos (de pé, quinto dende a esquerda) coa selección brasileira no Mundial de 1958. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/0/07/Est%C3%A1tua_N%C3%ADlton_Santos_%28Det%29.jpg/240px-Est%C3%A1tua_N%C3%ADlton_Santos_%28Det%29.jpg|miniatura|320x320px| Estatua de Nílton Santos inaugurada en 2009 no estadio Nilton Santos do Río de Xaneiro. miniatura|Nilton Santos en 2004 entregando unha bandeira do Botafogo ao entón presidente do Brasil, Lula da Silva. ligazón=//upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4f/Nilton_Santos_estatua.JPG/240px-Nilton_Santos_estatua.JPG|miniatura|240x240px| Busto de Nílton Santos na sede do xeneral Severiano do Botafogo FR. Nilton Reis dos Santos, coñecido como Nilton Santos, nado no Río de Xaneiro o 16 de maio de 1925 e finado na mesma cidade o 27 de novembro de 2013, foi un futbolista brasileiro que xogaba como lateral esquerdo. Elixido pola FIFA como o mellor lateral esquerdo de todos os tempos, militou durante toda a súa carreira no Botafogo, sendo con 723 partidos oficiais, o futbolista con máis encontros na historia do club.

Foi 75 veces internacional coa selección brasileira, coa que disputou os Mundiais de 1950, 1954, 1958 e 1962, proclamándose campión nos dous últimos.

Alcumado "A Enciclopedia" polos seus amplos coñecementos sobre fútbol e por ser completo como xogador, foi o precursor en arriscar nas subidas ofensivas polo lateral do campo. Revolucionou a posición de lateral, utilizando a súa versatilidade para defender e atacar, nunha época no que a súa posición só tiña función defensiva.

Traxectoria

Botafogo Nacido e criado na Illa do Gobernador, era o máis vello de sete irmáns e axudaba a seu pai no oficio da pesca. Comezou a xogar ao fútbol nas rúas da illa e aos 14 anos ingresou no Flexeiras Atlético Clube. Realizando o servizo militar, xogou un partido contra o São Cristóvão e a súa actuación espertou o interese do club, que o tentou fichar. Con todo, preferiu seguir o consello do seu amigo o coronel Honório Magalhães e facer unha proba co Botafogo, cuxo director social era tío do coronel. Foi aceptado no club alvinegro e ingresou no equipo xuvenil deste. Vestiu a camiseta do club carioca durante toda a súa carreira como futbolista, ata 1964.

Debutou co Botafogo nun partido amigable ante o América Mineiro, pouco antes de disputar o seu primeiro encontro no Campionato Carioca, nunha vitoria por 2-4 fronte ao Canto do Rio en Caio Martins. Ese mesmo ano proclamouse campión carioca por primeira vez, sumando outros tres títulos nos anos 1957, 1961 e 1962. Gañou ademais dúas veces o Torneo Río–São Paulo, entre outros títulos.

Disputou un total de 723 partidos co Botafogo, sendo o futbolista con máis encontros na historia do club, superando en máis de 100 ao segundo clasificado, Garrincha.

Selección brasileira Debutou coa selección brasileira no Campionato Suramericano de 1949, no que o Brasil se acabou proclamando campión. Ao ano seguinte disputou o Mundial de 1950, no que os brasileiros perderon o título fronte ao Uruguai no célebre Maracanazo, pero Nílton Santos non chegou a debutar na competición.

Catro anos despois, no Mundial de 1954, foi titular na defensa da canarinha en tódolos partidos, xunto a Djalma Santos e Brandãozinho, e foi un dos expulsados no violento partido de cuartos de final contra Hungría, partido que pasou á historia co sobrenome de Batalla de Berna, despois de pelexarse con József Bozsik. O equipo brasileiro quedou eliminado nese mesmo encontro, ao perder por 4-2.

No Mundial de Suecia en 1958 volveu xogar como titular tódolos encontros do Brasil, no posto de lateral esquerdo, e marcou un gol contra Austria na primeira xornada. Disputou a final contra a selección anfitrioa no estadio Råsunda de Solna, que rematou con vitoria brasileira por 5-2 e coa conquista do primeiro título da historia do equipo suramericano. Foi elixido no equipo ideal do torneo.

Foi convocado por Aymoré Moreira para o Mundial de 1962 en Chile, acudindo así á súa cuarta Copa do Mundo. Foi titular nos seis partidos do Brasil, incluída a final contra Checoslovaquia no estadio Nacional de Santiago de Chile, onde tanto el como o Brasil conquistaron o seu segundo título mundial, no que foi o seu último encontro como internacional.

Disputou un total de 75 partidos oficiais e 10 non oficiais coa selección brasileira, coa que marcou tres goles. No momento da súa retirada era o futbolista con máis partidos da historia da selección.

Morte Enfermo de Alzhéimer nos seus últimos anos de vida, faleceu o 27 de novembro de 2013 na Fundación Bela Lopes, no barrio de Botafogo do Río de Xaneiro, vítima dunha infección pulmonar. Tanto os gastos médicos como os de enterramento correron a cargo do Botafogo. Foi enterrado no cemiterio de São João Batista.

Recoñecementos Foi incluído por Pelé na súa lista FIFA 100. A IFFHS elixiuno como o noveno mellor futbolista brasileiro do século XX e o 28º suramericano. Pola súa banda, a FIFA nomeouno mellor lateral esquerdo de tódolos tempos.

No ano 2000, mentres desenvolvía un proxecto social con mozos a través do fútbol no estado de Tocantins, o goberno local homenaxeouno dándolle o seu nome a un novo estadio da cidade de Palmas, chamado agora estadio Nilton Santos.

En 2009, inaugurouse unha estatua súa diante do Estadio Olímpico João Havelange, sede do Botafogo, o seu equipo de toda a vida. En 2017 o estadio mudou definitivamente de nome, chamándose dende entón "Estadio Olímpico Nilton Santos".

Vida persoal Casou dúas veces: a primeira delas con Abigail, coa que tivo dous fillos, Carlos Eduardo e Andréa; e a segunda con María Coeli, coa que viviu ata a súa morte. Ademais de no Río de Xaneiro, viviu en Araruama e Brasilia, traballando nesta última con escolas de fútbol. Tamén escribía unha columna no diario Correio Braziliense. Palmarés

Botafogo

Campionato Carioca (4): 1948, 1957, 1961, 1962. Torneo Río-São Paulo (2): 1962, 1964. Torneo Inicio do Campionato Carioca (3): 1961, 1962, 1963. Torneo Municipal do Río de Xaneiro (1): 1951.

Selección carioca

Campionato Brasileiro de Seleccións Estatais (1): 1950.

Selección brasileira

Copa do Mundo (2): 1958, 1962. Campionato Suramericano (1): 1949. Copa Oswaldo Cruz (6): 1950, 1955, 1956, 1958, 1961, 1962. Copa Rio Branco (1): 1950. Campionato Panamericano (1): 1952. Copa Bernardo O'Higgins (3): 1955, 1959, 1961. Copa do Atlántico (2): 1956, 1960.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Muller, Maneco. Minha Bola, Minha Vida, Gryphus. O velho e a bola, Maquinaria Editora, 2013.

Ligazóns externas

Datos do xogador no sitio web oficial do Botafogo . Datos do xogador en sambafoot . Sitio web oficial . Arquivado dende o orixinal o 30 de novembro de 2013.

Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Futbolistas do Brasil Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Botafogo Categoría:Xogadores da selección de fútbol do Brasil Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1950 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1954 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1958 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 1962 Categoría:FIFA 100 Categoría:Enfermos de alzhéimer Categoría:Futbolistas gañadores do Mundial