DuckDuckGo é un buscador centrado na protección da privacidade dos usuarios. Foi fundada por Gabriel Weinberg e lanzado o 29 de febreiro de 2008 en Valley, Pensilvania. A empresa ten a súa sede en Paoli, Pensilvania, Estados Unidos e contaba con 180 empregados en 2022. O nome vén dun xogo infantil chamado Duck, duck, goose.
DuckDuckGo non mostra resultados de busca de granxas de contido. Usa varias API doutros sitios web para mostrar resultados rápidos ás consultas e para as ligazóns tradicionais bota man dos seus socios (principalmente Bing) ademais do seu propio rastrexador.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas https://duckduckgo.com/
Categoría:Internet Categoría:Buscadores