Ettore Lorenzo Frapiccini, nado en Buenos Aires, Arxentina, o 17 de novembro de 1957, é un gravador, medallista e deseñador de moedas italiano.

Traxectoria Aínda que naceu en Buenos aires en 1957, no seo dunha familia de orixe italiana, Frapiccini viviu en Italia desde 1964.

Herdou do seu pai pintor a súa afección pola arte. Na súa xuventude asistiu ao Instituto Estatal de Arte de Macerata e, logo dun período universitario, cursou estudos de medallística na Escola de Arte da Medalla Giuseppe Romagnoli, da Casa da Moeda do Estado, en Roma, entre 1979 e 1981."Ettore Lorenzo Frapiccini". Mebnet.altervista.org miniatura|270x270px|Modelo en escaiola elaborado por Frapiccini para unha moeda de 2 euros sanmarinense conmemorativa de Giuseppe Garibaldi (2007)."2 Euros Garibaldi". Numista.com Posteriormente traballou como gravador nos establecementos Emilio Senese, de Milán, e Pacchiani e Barlacchi, de Florencia, ata que en 1984 ingresou no cadro de gravadores do Istituto Poligrafico e Zecca dello Stato.

Obra Frapiccini ié autor dun bo número de moedas, tanto circulantes como conmemorativas, cuñadas non só para Italia senón tamén para a Cidade do Vaticano e para a República de San Marino.Catálogo de moedas deseñadas por Frapiccini. Numista.com

Entre os seus traballos máis salientables están as moedas italianas de 200 liras conmemorativas de 1997"200 Lire Italian Naval League". Numista.com e de 1999,"200 Lire Carabinieri Art Squad". Numista.com o anverso da moeda de cinco céntimos de euro de Italia que amosa unha vista do Coliseo romano,"5 Euro Cent". Numista.com ou os anversos da serie ordinaria en euros de San Marino.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Lista de deseñadores das moedas de euro

Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Deseñadores de moeda de Italia Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Arxentinos de ascendencia italiana Categoría:Personalidades sen imaxes