miniatura|240px|Torre do reloxo da Universidade de KwaZulu-Natal miniatura|240px|Xardín Botánico de KwaZulu-Natal, en Pietermaritzburg Pietermaritzburg é unha cidade de Suráfrica, que é a capital e a segunda cidade máis grande da Provincia de KwaZulu-Natal.
Xeografía Situada a unha altitude media de 596 msnm, a cidade ocupa unha superficie de 126,15 km².Pietermaritzburg. Census 2011.
Segundo o censo de 2011 contaba cunha poboación de 223 448 habitantes, polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 1 800 hab/km².
Popularmente chamada Maritzburg, e abreviada coa sigla PMB, é a sede do campus da Universidade de KwaZulu-Natal.
É unha cidade industrial que produce aluminio, madeira e derivados, e produtos lácteos.
Historia A cidade foi fundada en 1838.
Pietermaritzburg é famosa por un incidente dos primeiros anos da vida de Mahatma Gandhi, en que o botaron dun tren por viaxar nun vagón de primeira clase (sendo indio). Este incidente inspirou a Gandhi para iniciar a súa carreira protestando contra as leis discriminatorias contra os indios en Suráfrica. Actualmente, unha estatua de bronce de Gandhi eríxese na rúa Church no centro da cidade.
Outros acontecementos históricos O primeiro xornal de Natal, o Natal Witness (hoxe coñecido como The Witness -A Testemuña-), foi publicado en 1846. Os Xardíns botánicos da cidade, de 46 hectáreas, foron creados en 1872 pola Sociedade Botánica de Natal. A Casa do Concello, que é o edificio de ladrillo vermello máis grande do hemisferio austral, foi destruído por un incendio en 1895, pero foi reconstruído en 1901. Os británicos instalaron un campo de concentración alí durante a Segunda guerra bóer para aloxar mulleres e nenos bóers. En 1962, Nelson Mandela foi detido no pobo próximo de Howick ao norte de Pietermaritzburg. Este arresto marcou o inicio dos 27 anos de prisión de Nelson Mandela. Un pequeno monumento erixiuse no lugar da súa detención.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ingram, J. Forsyth (1898): The story of an African city. Pietermaritzburg: C. Coester. Jenkins, G. (1971): A Century of History: the story of Potchefstroom. 2nd ed. Cape Town: AA Balkema.
Ligazóns externas Páxina web oficial do Municipio . Páxina web da Oficina de Turismo .
Categoría:Cidades de Suráfrica