Oscar Roty, nado en París o 12 xuño de 1846 e finado na mesma cidade o 23 de marzo de 1911,Para George Frederick Kunz, a data de falecemento é 23 de maio de 1911. Kunz, G. F. (1913). Páxina 95. foi un escultor, medallista e deseñador de moedas e de selos de correos francés.
A súa figura é destacable sobre todo como autor do deseño da "Sementadora", cuxa orixe se remonta a un proxecto de medalla inconcluso de 1887 que Roty retomou en 1896 para responder a unha encarga do Ministerio de Finanzas. Esta figura foi moi utilizada en moedas da República Francesa en diversas ocasións a partir de 1897, e tamén nos selos postais a partir de 1903.
Traxectoria Oscar Roty, fillo dun profesor particular, naceu o 12 de xuño de 1846Kunz, G. F. (1913). Páxina 93. no daquela municipio de Belleville, do departamento do Sena, posteriormente anexionado a París."Roty, Louis Oscar". Base de données Léonore. Archives nationales.Foville, A. (1911). Páxinas 159-160.
Na xuventude foi aprendiz dun gravador e polas tardes recibía clases de debuxo. Uns anos despois, na Escola das Artes Decorativas de París foi alumno de Horace Lecoq de Boisbaudran, e na Escola de Belas Artes desta cidade tivo como mestre a Hubert Ponscarme en 1864."Roty, Louis Oscar". Comité des travaux historiques et scientifiques. École nationale des chartes.
Posteriormente aprobou o exame que o habilitaba como profesor de Debuxo nas escolas de París.
Roty concoreu ao prestixioso Premio de Roma de gravado de medalla e pedra fina en tres ocasións: en 1869 acadou unha mención,"Beaux-Arts". En La Comédie.? 15 de agosto de 1869. Páxina 3. en 1872 o segundo posto e,Foville, A. (1911). Páxina 159. finalmente, en 1875 conseguiu o primeiro premio,"Oscar Roty". Fondation et Musée Oscar Roty (Oscar-Roty.fr). o que lle permitiu pasar unha estadía como bolseiro na Villa Medici, de Roma, entre 1876 e 1879.Kunz, G. F. (1913). Páxina 94.
Á volta a París en 1879 atopouse con graves dificultades económicas e procurou un posto como profesor nas escolas nocturnas, que ocupou durante cinco anos, ao tempo que a súa obra, sinaladamente as súas medallas e as súas plaquetas, ían gañando reputación na capital francesa. miniatura|324x324px|Escultura en bronce de Théordore Rivière que representa a Oscar Roty de corpo enteiro (finais do s. XIX) En 1878 casou con Marie Boulanger, filla do ferraxeiro de arte Pierre François Marie Boulanger, autor dos tirantes de ferro das portas de Notre Dame de París.
En 1888 foi elixido membro da Academia de Belas Artes de París, e en 1897 presidente da institución.Kunz, G. F. (1913). Páxina 97. Así mesmo, foi membro da Sociedade de Amigos dos Monumentos Parisienses desde 1898. entre as entidades estranxeiras máis salientables, foi tamén membro da Academia Real de Bélxica e da American Numismatic Society.
Xa desde 1901, Oscar Roty padecía de arteriosclerose. Morreu en París o 23 de marzo de 1911, na súa residencia do número 30 da rúa Luxembourg, en París, e o seu corpo foi soterrado no cemiterio de Montparnasse,"Roty Oscar (1846-1911). Montparnasse - 1ère division". Cimetières de France et d'ailleurs. nunha tumba que fora deseñada por el mesmo.Kunz, G. F. (1913). Páxina 94.
Recoñecementos
Premios
1875: Premio de Roma de gravado de medalla e pedra fina. 1889: Gran Premio da Exposición Universal de París.Foville, A. (1911). Páxina 161. 1900: Gran Premio da Exposición Universal de París. 1905: Medalla de escultura do Salon París, atribuída por primeira vez ao gravado de medallas.
Honras
1885: Cabaleiro da Orde Nacional da Lexión de Honra (decreto do 29 de decembro). 1889: Oficial da Orde Nacional da Lexión de Honra (decreto do 29 de outubro). 1890: Comendador da Orde Nacional da Lexión de Honra (decreto do 14 de decembro).
Obras O estilo de Oscar Roty pódese relacionar remotamente co da Art Nouveau, pola fluidez e a delecadeza dos trazos, cunha marcada influencia da arte antiga no gusto polas cortinas ben traballadas, aínda de moda na época. Algunhas das súas obras están cargadas dun profundo simbolismo tradicional.
A cera sobre lousa preparatoria da "Sementadora" de 1887 consérvase en París no Museo de Orsay,"La Semeusse. 1887. Médaillon en cire sur ardoise". Musee-orsay.fr que tamén alberga outras 150 obras de Roty."Collections du musée: Oscar Roty". Musee-Orsay.fr
No Museo Oscar Roty, establecido en Jargeau (Loiret) polo seu fillo Georges Roty,"Musée Roty ". Jargeau.fr consérvase practicamente toda a obra gravada do artista, con debuxos e ceras, entre elas a cera de 1896 preparatoria das moedas que o ano seguinte comezou a cuñar a Monnaie de Paris coa imaxe da "Sementadora"."Le musée ". Fondation et Musée Oscar Roty (Oscar-Roty.fr).
Louis Oscar Roty asinaba os seus traballos coa marca "O. Roty".
"A Sementadora" (La Semeuse) miniatura|Rosalinda Pesce, modelo de Oscar Roty para a súa Sementadora (ca. 1896)|283x283px As orixes da Sementadora remóntanse a un proxecto de 1887, que ficou inconcluso, para a creación dunha medalla de premio que o Ministerio de Agricultura lle encargara a Oscar Roty."La Semeuse ". Fondation et Musée Oscar Roty (Oscar-Roty.fr).
Cando en 1896 o Ministerio de Facenda encargou novos deseños para as moedas francesas, Roty reelaborou a súa figura alegórica de 1887 cun estilo menos naturalista máis próximo á Art Nouveau, e tamén máis adaptado ás esixencias técnicas da cuñaxe industrial da época.
A modelo de corpo enteiro que aparece nas dúas fotografías da época coñecidas —unha conservada no Museo Roty e a outra no Musée de La Poste— foi identificada en ocasións como Charlotte Ragot,"La Semeuse". Musee de La Poste (vídeo en Youtube)."La Semeuse". Musée de La Poste. que efectivamente era unha das cinco modelos profesionais que o artista empregaba con regularidade."Trisième République". Infonumis.info No entanto, esta muller tiña naquel momento máis de trinta anos e deixara a profesión de modelo logo do seu casamento en 1890."La célébrissime Semeuse et ses secrets ". En Chantereau, P. M. (2012).
Xa que logo, e seguindo os pasos do conservador do Museo Roty, Pierre Marc Chantereau, acéptase xeralmente que Oscar Roty non se inspirou para a súa "Sementadora" nunha das súas modelos habituais, senón nunha rapaza inmigrante italiana que residía no seu mesmo barrio, Montparnasse, chamada Rosalinda —ou Rosalina— Pesce,Bulletin de la Société archéologique et historique de l'Orléanais, Société archéologique et historique de l'Orléanais, 1992. Páxina 33.Santulli, M. (2011)."Una ciociara la donna più nota di Francia. E dalla Francia al mondo intero". Ascolta La Ciociaria. cuxo aspecto respondía á idea que Roty tiña e a quen non volveu utilizar despois. Con todo, a data de nacemento desta rapaza, o 8 de marzo de 1885 en Gallinaro,"Le saviez-vous ?". En Gal'niar. Association "Gli amici di Gallinar". Nº 9. 2016. Páxina 8. atribúelle só once anos no momento da creación da obra, no canto dos supostos quince anos, o que levou a Chantereau á hipótese de que o artista tería empregado varias modelos e que a Rosalinda lle correspondería unicamente o perfil do rostro.
Ademais de ser utilizada para as moedas francesas que comezaron a cuñarse en 1897, a figura da "Sementadora" de Roty retomouse en 1960 para as series do "novo franco" introducido nese ano."1 franc Semeuse O.Roty, tranche striée, nickel". fr.numista.com"1 Franc (O. Roty)". Colnect.com Do mesmo xeito, unha imaxe modernizada da "Sementadora" aparece novamente nas moedas francesas da serie do euro con valores de 10, de 20 e de 50 céntimos, baixo o deseño de Laurent Jorio."Le concours de dessin pour les pièces de l'euro". Monnaises-rares.comMoedas creadas por Laurent Jorio. Numista.com
Pola súa banda, a "Sementadora" que comezou a aparecer nos selos de correos francesas a partir de 1903 foi gravada orixinariamente por Louis-Eugène Mouchon, baseándose nunha placa en relevo subministrada polo propio Roty."Liste des timbres au type 'semeuse' ". Philatelie-francaise.com
Medallas
Plaquetas
Obra escultórica
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Babelon, E. (1911). "Louis Oscar Roty". En La Revue de l'Art Ancien et Moderne. Vol. XXIX. París. Páxinas 413-426. Bénédite, L. (1897). "L. O. Roty". En Art et Décoration. París. Vol. I. Páxinas 33-43. Bénézit, E. (1976). Dictionnaire des peintres, sculpteurs, dessinateurs et graveurs. Tomo 9. Grund. ISBN 2-7000-0157-5 Pà¡xina 123. Chantereau, P. M. (2012). "Louis Oscar Rot (1846-1911). Un graveur dans la République " (texto ampliado do anteriormente aparecido en Numismatique et Change, setembro de 2011). Fonville, J. (1911). "L. O. Roty". En Revue Numismatique. Vol. XV. Société française de numismatique. Páxinas 376-379. Foville, A. (1911). "Oscar Roty et son œuvre". En La Revue hebdomadaire. Xuño. Páxinas 157-172. Frantz, H. (1898). "L. O. Roty" et la médaille moderne". En La Revue des Revues. Vol. XXVII. París. Páxinas 610-622. Kunz, G. F. (1913). "The late Louis Oscar Roty: his life work and his influence on the past and future of medallic art". En American Journal of Numismatics. American Numismatic Society. Páxinas 93-119. Mark, R. (1902). "Louis Oscar Roty". En The Studio. Vol. XXV. Londres. Páxinas 15-28. Mazerolle, F. (1897). "L. O. Roty. Membre de l'Institut: biographie et catalogue de son oeuvre". En Gazette Numismatique Française. Páxinas 129-156, 451-469. Mazerolle, F. (1897). "Les dernières fabrications de la Monnaie de Paris". En Art et Décoration. Vol. II. Páxinas 147-154. Mazerolle, F. (1898). "L. O. Roty: catalogue de son oeuvre (supplément)". En Gazette Numismatique Française. Páxinas 401-404. Mazerolle, F. (1911). "L. Oscar Roty". Revue Belge de Numismatique. 3. Société royale de numismatique de Belgique. Páxinas 292-296. Roty, G. (1971). Le Médailleur Louis Oscar Roty (1846-1911) sa vie son œuvre. Presses du Compagnonnage. Santulli, M. (2011). Modelle e modelli Ciociari nell'arte Europea a Roma, Parigi, Londra nel 1800-1900. Arpino, Ed. Ciociaria Sconosciuta.
Outros artigos
Historia da medalla francesa Lista de deseñadores das moedas de euro
Ligazóns externas
Fondation et Musée Oscar Roty
Categoría:Nados en 1843 Categoría:Finados en 1911 Categoría:Nados en París Categoría:Escultores de Francia Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades da filatelia Categoría:Alumnos da École des Beaux-Arts Categoría:Alumnos da École nationale supérieure des arts décoratifs